Antonio García Pensado é o novo coordinador comarcal de Compromiso por Galicia na bisbarra de Bergantiños. Adrián Fariña é o vicecoordinador.

 

Resultou nomeado por unanimidade nunha xuntanza dos militantes da formación galeguista a que asistiu o secretario xeral Xoán Bascuas, a secretaria de Política Municipal, Charo Fernández Velho e as responsables do partido en Carballo e Coristanco, Esther Iglesias e Manoli Rodríguez.