A Deputación provincial coruñesa aporta 64.000 euros para o proxecto de desenvolvemento turístico da Costa da Morte, a través dun convenio asinado polo deputado de Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, en representación da Costa da Morte Asociación Turística C.M.A.T.

 

As dúas entidades consideran moi importante a consolidación do destino Costa da Morte “e fortalecer o ente de xestión público-privada que permita desenvolvemento turístico coordinado.Por medio do convenio, a Costa da Morta Asociación Turística C.M.A.T. levará a cabo actividades programadas no ámbito da Comunicación audiovisual, a Promoción, ou a información dixital e aplicacións do ámbito turístico.

 

MALPICA- CMAT