O Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnote González asistiu o acto de clausura do obradoiro de emprego Camiño do Solpor IIque se celebrou no salón de plenos do concello de Fisterra, e no que tamén participaron os alcaldes de Cee, Ramón Vigo, Corcubión, Manuel Insua, Fisterra, José Marcote e a director do obradoiro, Anabel Piñeiro.

 

Según a dirección do obradoiro celebrado na Costa da Morte, o alumnado do Obradoiro recibiu o diploma e os boletíns de notas que lles darán acceso aos certificados de profesionalidade de Instrución en Ioga e de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e que os situarán en mellores condicións de incorporarse ao mercado laboral.

 

Os tres alcaldes resaltaron a importancia deste tipo de proxectos vinculados á formación e ao emprego e anunciaron que xa teñen presentada a solicitude para un novo Obradoiro de Emprego.

 

IMG-20160229-WA0002