O Equipo da Dinamización da Lingua Galega do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba promoveu a edición dun calendario onde se reflicten as datas máis destacadas do 2016.

 

 

Non deixaría de ser unha iniciativa común senón fora por todo o que envolve a publicación. Neste calendario faise unha especie de homenaxe a tradición da Santa Comba emigrante conectada con América e Europa.

 

calendariosantacomba

 

 

Pero desde un punto de vista orixinal, cós relatos dos alumnos sobre emigrantes para nós en moitos casos descoñecidos pero verdadeiros heroes para as súas familia. Os que en distintas épocas buscaron o pan lonxa da terra.Testemuños xalleiros mesturados con fotografías históricas. Con algún apuntamento e versos de Rosalía de Castro. Unha iniciativa digna de gabanza.

 

CEIP Barrié de la Maza- Santa Comba