“Que non te aten”, a segunda novela de Manuel Iglesias Turnes preséntase este venres, desde as 9 e media da noite nun acto que se vai celebrar na Casa da Cultura da Picota.

 

Acompañarán a Iglesias Turnes o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro e o director da editorial Xerais, Manuel Bragado. Despois de “As rapazas de Xan” o escritor continúa coa súa narrativa conectada con mundo rural. Neste enlace podes ler a reseña sobre o libro escrita por Rafael Lema.

 

A presentación de “Que non te aten” completarase cun monólogo a cargo de José Luís Míguez.