Fai catro anos buscando nas hemerotecas o director deste xornal e de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema, encontrouse cunha moi curiosa composición que apareceu nun xornal de Santiago de Compostela por mor dun concurso de gando que se celebrara en Santa Comba. O autor identificábase como Antón Do Campelo. Hoxe recuperamos esta copla.

 

O meu Teixo”

A outro día de San Pedro

antes das dés da mañán,

alí, n-o campo da feira,

c-o meu becerro ei d-estar.

Moi farsante así dicía

un raparigo d-acá,

que levaba po-la corda

un touro, gran ejemplar

que do mellor d-a redonda

críanse en Xallas, en Zás,

en Negreira y en Paramos,

en Suevos y en Armán.

Verés que Teixo Valente

( así berraba o rapás).

Meu becerro e moi feitoso,

dous aniños hoxe fai

c-o vacunou o Raxado,

contra o mal d-o Lubicán,

e a Santa Comba eu o levo,

pois concurso alí vós a

c-aquel don Xan dá Cruña

intelixente en xusgar,

prepara con entuseasmo

pol-a raza e sanidá.

Van pedir qu´o meu teixo eu venda

e non o poden mercar;

en ferradiño de pesos,

non o pagan, non, caray,

¿Qué dixo Louso e Farruco

Cand-o o viron ouservar

a o Siñor de Rof Codina

na Santa Comba a mañán,

a-o presentarse a-o gran premio

en xusta legalidá,

por ser o Teixo o PRIMEIRO

como touro en padrear?

Enfén: Xesto da Carboeira

Pode decir e falar.

¿Non tolean xa pro él

As becerras de Vilar,

de Freixeiro, San Cristobo

de Randulfe e de Marsán,

de Cícere, Casadoira,

Céltigos e San Cibrán,

Illa, Barcala e A Baña,

Que mo queren atrapar?

¡Non ha querer, si é bo mozo

Non ha querer si é bó pai!

¡Ay viciños de Negreira,

De Santa Comba e de Zás!

Ay nenas, mozos e vellos

d-eiquí e da Cristiandá

¿querés un becerro agora

com-o Teixo? pois falar

c-o becerro qu-eu teño

e bon fillo dos seus pais.

Antonciño d-a Xacoba

deixa as ánemas na pás,

unha copa de xinebra

¡ay Franela d-o Pombal!

votarasme a saudiña

d-o meu touro, qu´e capás

de enamorar as becerras

d-a gran feira d-o Ceilán.

Un aturuxo botemos

por Rof Codina(Don Xoán)

orgullo d-esa gran cencia

que cur-as enfermedás

e que reparte bós premios

c-o Teixo ven a trapar.

¡Que vivan estes Concursos

e-a Comisión provincial!

¡Ey Carballeira! así dixo,

O entuseasta rapás

autor d-o palique este

c-os axabo de espricar.

E-a Salamanca vos ides

Si queres saber máis.

torito