Natalia Lema Otero//Dende o pasado 15 de maio ata o próximo 22 de este mes estará aberto o maior festival de arte, música, pintura e verbas que se desenvolve na Aldea do Couto, en Ponteceso. Durante estes días a Fundación Eduardo Pondal acolleu  diferentes actividades como o recital “Escoito de Cisnes”, un recital aberto que contou ca colaboración de Óscar de Souto, poeta bergantiñán que xunto co mestre de cerimonias Luis Guiadás amenizou a xornada.

 

Con esta interesante premisa empezaba a tarde do pasado luns 16. Dito recital contou cun acompañamento especial, a exposición da escultora e pintora de Muxía, Viki Rivadulla. Despois da inauguración da devandita mostra de arte comezou a lectura dos poemas de varios autores que participaron no acto como o propio Óscar de Souto, Suso Bahamonde, Branca Vilela, Ricardo Souto ou Miguel Melero entre outros.

 

Poesía e moita arte marcaron o curso da xornada e o rematar os asistentes recobraron folgos nunha pequena degustación gastronómica. Cada ano o Festiletras marca un antes e despois na innovación grazas ao  esforzo de moitos para sacar adiante uns días onde a cultura é o eixe fundamental de Ponteceso e de toda Galicia.

 

Tanto os organizadores como o propio Óscar de Souto prevén artellar máis actividades con vista ao futuro para achegar a literatura a tódolos públicos e para que as novas xeracións se familiaricen cas verbas  e en concreto ca poesía.

Grandes iniciativas como estas que se xuntaron ó  festexo do Día das Letras Galegas marcaron o rumbo desta ponte festiva. Medre a poesía!

Fotos- Fundación Eduardo Pondal

13235723_1704687203116531_1967617699_n