O ente público Portos de Galicia, dependente da consellería do Mar, inviste máis de 39.000 euros na colocación de brazos de amarre ou “fingers” no peirao de Camariñas, co obxectivo e reforzar a seguridade das embarcacións.

 

A Xunta iniciou a instalación de 31 fingers. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán visitou Camariñas, onde mantivo un encontro con representantes da confraría, ós que informou que desde a administración autonómica están traballando na elaboración dun proxecto para a instalación dunha canle de recollida de líquidos residuais e tamén pretende mellor o pavimento na contorna da lonxa, atendendo a unha demanda do pósito local.

 

Durán, que estivo acompañado polo portavoz local del PP, Mauro Aufiero, tamén visitou Camelle e Arou onde revisou os traballos de reparacións danos ocasionados polos temporais.