Novas

O BNG pide a apertura ó público do Castelo da Ameixenda

Por o 19 Abril, 2017

Presentan unha moción para que se aplique a lei no Castelo do Príncipe.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

O voceiro do BNG de Cee, Serxio Domínguez Louro, presentou unha moción no rexistro municipal para esixir á Xunta de Galicia que “faga cumprir a lei” e se abra o Castelo da Ameixenda segundo a lexislación vixente en materia de Bens de Interese Cultural.

 

Segundo a normativa actual esta fortaleza da Costa da Morte debería permitir visitas públicas durante como mínimo catro días ó mes durante catro horas diarias.

 

 

Un punto de atracción turística

 

 

Para os nacionalistas ceenses “o non cumprimento da lei supón a perda dun atractivo turístico importantísimo. O turismo é xa unha importante actividade económica en Cee e na bisbarra, polo que a non apertura do castelo supón tamén a perda dunha fonte de ingresos nos locais de hostalaría, restauración e ocio do pobo, que se beneficiarían das visitas ao monumento”.

 

 

Lembran que a proposta foi trasladada en anteriores ocasións o que provoca que o patrimonio histórico e cultural de Cee estea “esquecido e desaproveitado”.

 

Foto-Idealista

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.