A reparación da Ponte da Garga iniciarase en agosto

Por o 10 julio, 2017

Con financiación da Deputación provincial da Coruña

O deputado da área de cooperación cos concellos, Xosé Regueira Varela e o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García, asinaron este venres o convenio que permitirá o financiamento das obras de reparación e consolidación da Ponte da Garga, afectadas polas riadas do pasado ano.

 

 

A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras con 100.000 €, o que supón o 56,59 % do total do orzamento da obra que se completará coa achega de 77.000 € a través do Plan Único de Concellos. As obra siniciaranse no mes de agosto e está previsto que se prolonguen durante dous meses. Sobre a Ponte da Garga realizáronse actuacións de emerxencia polo perigo de derrube en que quedaron despois das riadas pero a súa situación provocou que se impedira o tráfico rodado, o que obrigou á veciñanza da parroquia de anllóns a facer un rodeo de máis de catro quilómetros.
A ponte data do século XIX eleva máis de un ano pechada ao tráfico de vehículos debido ás deficiencias estruturais que presenta tras verse afectada polos temporais e a crecida do río na primavera do ano pasado.
Tras ter realizado un estudo técnico dos danos que presenta a ponte, tanto na superficie como no seu asentamento subacuático, as obras consistirán no recalce da cimentación, o retacado e peche de gretas e ocos, a colocación de tirantes de aceiro para atar e reforzar a pila e a inxección de aglomerantes.
Os traballos incluirán ademais a desmontaxe parcial e posterior montaxe de pretiles e cornisa, así como da sillería do tajamar, o espolón e sombreretes da ponte. Tamén se reforzará a estrutura cunha rosca de formigón con barras de aceiro que atarán os cinco aneis que compoñen as bóvedas transversalmente. Esta armadura permitirá que a ponte resista nun momento dado unha sobrecarga excepcional, xa que a rosca ábrese e péchase unha vez deixe de actuar a sobrecarga.
As obras inclúen a eliminación da vexetación e das pequenas árbores enraizadas na ponte e a retirada das tuberías que colgan das cornisas e a pavimentación da calzada sobre a ponte, que será reconstruída cunha nova rasante lixeiramente alomada ( o centro da ponte situarase 5 cm. máis alto que as entradas) para facilitar o desagüe da auga de choiva.

 Fonte-Deputación

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login