Novas

“Mazaricos aparece no mapa”

Por o 10 octubre, 2017

Juan Blanco, alcalde de Mazaricos.

 

 

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, destaca que todo o esforzo de promoción que se está desenvolvendo desde o concello está dando os seus froitos:” Mazaricos está presente nos medios. Aparece no mapa.Deixamos de ser un concello descoñecido para ser un referente na gandería e no turismo. Este esforzo na promoción repercutiu”.

 

Nunha entrevista concedida ao xornal Adiante Galicia, Blanco Riveiro asegura que “hai presenza, orgullo do noso e perspectiva”, pero que se debe de traballar para darlle continuidade.

 

 

A Deputación apoia, a Xunta non

 

 

O alcalde lamenta o apoio “nulo” da Xunta de Galicia, e nomeadamente da Consellería do Medio Rural, tanto en actuacións nos concellos como en defensa do sector leiteiro, que é un aspecto clave neste concello da Terra do Xallas.

 

Juan Blanco alerta de que moitas explotacións acabarán desaparecendo se non se toman as medidas axeitadas“porque os gandeiros seguen estando secuestrados polas industrias lácteas”.En contraposición, o goberno local de Mazaricos valora o apoio que ofrece a Deputación provincial da Coruña.

Comentarios

Comentarios