Bolo de Pote na casa de Rosalía

Por o 19 febrero, 2018

As Amas de Casa elaborarán o bolo na Casa de Rosalía en Padrón xunto co cociñeiro Pepe Solla.

O caldo é o prato emblemático da gastronomía galega. A poetisa Rosalía de Castro lóuvao nalgún dos seus poemas. Pero non só fala do caldo, tamén dos bolos do pote: “Fixen un caldo de groria/que me soupo que la mar,/ fixen un bolo do pote/ que era cousa de envidiar” ou tamén “canta meniña/na beira da fonde/canta dareiche/boliños do pote”.

A Fundación Rosalía de Castro e o Museo da poetisa, ubicados en Padrón organizan, por segundo ano consecutivo, un particular acto, chamado O Caldo de Gloria co que a lembran no día do seu nacemento, o 24 de febreiro.
Este ano, ademais do caldo, vanse elaborar os bolos do pote.

 

 

E para iso, unha delegación das amas de casa de Mazaricos achegarase á antiga casa da poetisa para elaborar alí, canda o cociñeiro Pepe Solla, o bolo do pote.

 

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirmou que “é o resultado dun longo traballo de recuperación deste manxar, imposible de atopar de xeito regular na hostalería galega pero tan representativo da nosa historia”. Desde a Asociación de Amas de Casa din sentir “orgullo” por “visibilizar un alimento tradicional e que estivo a piques de desaparecer”.

 

 

Fonte- Nota de prensa do Concello de Mazaricos

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login