As populares » bágoas de San Lorenzo» poderanse presenciar este luns 12 de Agosto, pola noite.

O Concello de Santa Comba, coa inestimable colaboración do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago se Compostela que dirixe José Angel Docobo, organiza unha ruta Guiada ata o alto de San Bartolomeu, no lugar do Busto, para ver, na súa noite orixinal, as Perseidas ou bágoas de San Lorenzo o luns día 12.


Na elección da data deste ano, ademáis de tratar de contar cunha climatoloxía favorable, tivo moito que ver a posibilidade da presenza de máis fenómenos luminosos, pese a que a fase da lúa non é a máis propicia.

Dado o éxito de participación do ano pasado, primeiro onde se organizou a actividade, desde o Concello anímase á participación tanto para ver as estrelas e saber un pouco máis dos fenómenos celestes, como a sumarse á Andaina Nocturna, que sairá desde a Casa da Escola do Busto, sobre as 21:15h, e que percorrerá entre lusco e fusco 3,5 km bordeando o emblemático monte xalleiro. Recoméndase levar roupa de abrigo, chaleco e luz para a camiñata.


Toda a xente que queira participar, pode anotarse a través de WhatsApp no 663 728 968, ou no formulario on-line, que se adxunta.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-FB7a9hPFzm5NrBZQA5OZda-B1jnpQJCDK-3qIrggr3_Paw/viewform

Esta actividade familiar pretende dar a coñecer os potenciais da zona de San Bartolomeu, precioso mirador natural coa presenza da antiquísima ermida que honra o apóstolo Bartolomeu, como lugar privilexiado para a observación de estrelas, constelacións e diversos fenómenos; o que o convirte nun dos mellores «observatorios» naturais da provincia e perfecto emplazamiento para un punto de turismo astronómico, dada a súa casi total ausencia de contaminación lumínica.

Na actividade colabora tamén a Asociación de sendeirismo » Os Trotasendas» de Santa Comba, sempre receptiva e disponible para a difusión do entorno natural xalleiro.

Nota- Concello de Santa Comba