A proba puntúa para a Copa Federación Hípica Galega


O vindeiro sábado, 5 de outubro, a partir das nove da mañá trinta xinetes volverán percorrer os camiños de Mazaricos. A cuarta edición do Raid Ecuestre chega ao Concello.


A novidade desta edición é que os nenos e nenas que o desexen poderán achegarse ao multiusos da Picota de once da mañá a dúas da tarde para montar de balde en poni e achegarse así á arte da hípica. O público pode achegarse ao multiusos da Picota a contemplar os exemplares e o curioso uso da auga e as masaxes dispensadas aos equinos para rebaixar as súas pulsacións. A proba puntúa para a Copa Federación Hípica Galega. A mellor hora para iso roldará entre as 11.00h e as 12.00h.


O raid ecuestre é unha disciplina na cal se pon a proba a velocidade, habilidade e a resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete, xa que ambos deben percorrer grandes distancias nun día, a través dos máis diversos terreos e contra o tempo. Para o anterior o xinete debe ter a capacidade de dosificar o esforzo do seu cabalo e levar un ritmo adecuado durante a proba, ao finalizar unha carreira ao cabalo tómanselle as pulsacións e se están sobre o permitido, o xinete é eliminado.