O Campo da Feira de Santa Comba acolle este sábado 2 de novembro, unha «concentración pola defensa do rural» promovida pola Agrupación de veciños de Castriz e pola plataforma que se opón ao parque eólico de Toural, Campelo e Bustelo.

Sosteñen que se trata «dun megaparque dividido en tres» promovido pola mesma empresa, que utiliza as mesmas infraestruturas de aceso e evacuación da enerxía, entre outras cuestións comúns .

A concentración está prevista para as 12 do mediodía, e prolongarase durante aproximadamente unha hora. Os promotores da protesta queren tamén trasladar a súa petición «dunha reubicación dos aeroxeradores que non afecte en tan grande medida as vivendas e os ecosistemas»