O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que os orzamentos de 2020 inclúen unha partida para a primeira fase da circunvalación de Carballo.

“Elaboraremos o proxecto construtivo desta primeira fase da circunvalación, cuxo investimento total ascende a 28 millóns” dixo Feijóo.

Durante unha visita a Carballo, na que anunciou que a atención da Xunta a persoas con coidados dependentes chegará aos 65.000 usuarios, tamén garantiu unha achega para iniciar os traballos de ampliación do polígono de Carballo.

No tocante á autovía da Costa da Morte, precisou que este ano sacarase a información pública o proxecto de trazado entre Baio e Vimianzo, conectando coa estrada de Camariñas.