Con datos cerrados a 10 de Setembro de 2020, a matriculación de coches na Costa da Morte sitúase en 752 unidades, sendo Carballo o Concello con máis matriculacións, con 214 e Corcubión o Concello con menos coches vendidos, con 10 unidades.

Por marcas, encabeza a clasificación Peugeot, que con 3 modelos de coches dentro do TOP TEN de modelos máis vendidos (Peugeot 2008, Peugeot 208 e Peugeot 308), permiten que a marca se consolide na primeira posición, seguida de Volkswagen e Toyota.