Actualización da Incidencia Covid19 na Costa da Morte

0
541

A incidencia da Covid19 na Costa da Morte, ten os datos reflexados nesta táboa elaborada por Anosacosta.com segundo os datos oficiais emitidos polos distintos Concellos.

Son moitos os Concellos que dende as súas páxinas web ou redes sociais, non trasladan información dos datos, polo que nestes momentos só podemos confirmar 193 casos de COVID19 no total dos Concellos da Costa da Morte, dos 2.266 casos activos en toda a Provincia da Coruña.

Superan a incidencia media da provincia os Concellos de Carballo,A Laracha, Malpica, Ponteceso, Laxe, e Santa Comba.

Dende Anosacosta.com , apelamos á responsabilidade de todos os cidadáns para facer da Costa da Morte un entorno seguro libre de COVID19.