PUBLICIDAD

Banner
Pepe Collazo, o poeta de Baio
Usar puntuación: / 6
MaloBueno 
Domingo, 18 de Octubre de 2009 13:38
Image
Por medio dun artigo de Rafael Lema acercámonos a figura do poeta José Collazo. E ofrecemos os nosos lectores uns dos seus poemas: "Adiós Val de Vimianzo".


PEPE COLLAZO, O POETA DE BAIO

Un dos poetas do século pasado en lingua galega da Costa da Morte pouco coñecidos e que tivo unha destacada vida social na emigración en Bos Aires é Jose Collazo Martinez, Pepe Collazo, de Baio.

Moitos dos seus poemas chegaron a nós desde os números da revista Union de Teo y Vedra de Bos Aires, publicados entre 1952 e 1954. A falta dun estudio da vida e obra do autor posiblemente Collazo na guerra civil foi membro do batallon de milicias populares gallegas e refugiado en Francia no campo de Barcarés e logo emigrou o exilio a Bos Aires, datos que nos gustaria contrastar entre outros que temos. Alí tivo unha gran actividade nas asociacións galegas.

Como a Union de Teo e Vedra, nun principio órgano agrario e para a “instrucción y emancipacion del pueblo gallego”, na Hijos de Zas creada en 1923 e na ABC de Corcubion creada un ano antes. Os emigrantes que procedían de Baio e arredores ingresaban na ABC, e os do resto do concello zasense facíano na sociedade municipal. Neste feito posiblemente tivese moito que ver a figura do poeta-canteiro baiés Pepe Collazo, pois a meirande parte dos novos socios do concello de Zas na ABC eran presentados por Collazo.

Aparte de articulos e novas en varias revistas, en Union de Teo y Vedra publica poemas como Adios val de Vimianzo, en maio de 1952; Os feligreses de Baio desgarraron a san Pablo, en agosto de 1953; Como era domingo da Barca en Bayo as mozas do mundo bergantiñan, en febreiro de 1954; A Virxe de Montetorán, en maio de 1954, ou Non entran no ceo... en novembro do 1954.

ADIOS VAL DE VIMIANZO

Imaxes d-aqueles días
n-a miña mente repaso.
D-os días de Vimianzo,
d-a lua e d-as estreliñas.
Coma unha alfombra de seda
deitanse as verdosas veigas,
nunha arumosa pradeira
de Cambeda a Pasarela.
Lembrome cal se onte fora
as veces qu-eu contempraba,
tan celeste panorama
dend-a praza a Ponte Roda.
Era equala rua irman
donde cal virxes diviñas,
pol-o lunar van a vila
todal-as mozas d-o Val.
Haber n-hai n-o mundo ceibo
unha vila tan xentil,
nin mozas coma en Tedín,
O Cárcel e Tras Outeiro.
Rosas hainas n-a Baliña,
Casais, A Toxa ou Irroa:
som com-a Nosa Señora
ou com-a Santa Lucia.
Xamais deixo de sentir
d-as de calo: hai que ter tino
pois fan perder o sentido
as frores d-aquel xardín.
Pensaba eu: ¡bonitas son!
Pro hai que lembrar decote
que todas beben na fonte
que don Xoan ameigou.
En longas ruas e sendas
verdecentes vastas e outas,
erguense maxeistuosas
no Val muitas alamedas.
Vense ir pol-a sombra e van
cantando arredor d-as veigas,
as nenas vimianceiras
que lle fuxen o lunar.
Olliños de cor celeste,
lucerios prenos de lus.
N-hai virxes n-o ceo azul
coma-as que hai en San Vicente.
Noites que eu pasei sereas
por aquel chan non ten nome.
Comezaba en Rasamonde,
romataba en Pasarela.
No val era tod-as partes
festa, cantos de alegria:
era a flor das romarias
o floreiro d-As Pasantes.
Douradiños coves fortes
expareen auras amenas,
bica unha chubia d-estrelas
as creestas d-os outos montes.
A luna d-o Xoán sai
con relumantes bermello:
nace na Cruz d-o Loureiro,
pérdese en Castrobuxán.
D-a campiña verdexando
xurdia doce arume maino;
non sei s-era aquel Vimianzo
ou nun mundo imaxinario.

 

Escribir un comentario

Desde Anosacosta.com queremos recordar las normas vigentes de publicación de comentarios en nuestro foro, así como en las anotaciones anexas a las noticias.
1. ANOSACOSTA tiene foros de debate, de opinión e intercambio de información sobre temas relacionados con noticias de A Costa da Morte.
2. ANOSACOSTA no tolerará actitudes que provoquen una mala convivencia en el foro, tales como insultos a otros/as usuarios/as, provocaciones, ni por supuesto comportamientos presuntamente delictivos, que llegado el caso serán puestos en conocimiento de las autoridades competentes o bien se colaborará con las mismas cuando éstas así lo requieran a la hora de identificar a foreros/as autores/as de estos comportamientos. Asimismo, por orden expresa del webmaster, cualquier insulto o menosprecio a los colaboradores de Anosacosta se sancionará con expulsión indefinida.
3. Para la denuncia de estos comportamientos, dado que es imposible que los administradores de Anosacosta perciban todos ellos, los/as usuarios/as podrán mandar un mensaje privado al correo contacto@anosacosta.com , y éste actuará en consecuencia si lo considera oportuno. En los foros de Anosacosta no se atenderá ninguna queja sobre otros/as usuarios/as, sino que tendrá que ser comunicado vía correo electrónico.
4. Anosacosta no se hace responsable bajo ningún concepto de las opiniones vertidas por los/as usuarios/as de sus foros. Anosacosta colaborará con las autoridades a la hora de identificar foreros/as que hayan publicado contenidos presuntamente delictivos.
5. Las expulsiones del foro, dependiendo de la gravedad de los casos, podrán ser temporales o indefinidas. Por contra, se será enérgico con aquellos/as otros/as que se dediquen mayormente a generar tensión y mal ambiente en los foros. En ningún caso -en NINGUNO- se darán explicaciones sobre sanciones impuestas o no impuestas. Las decisiones de los administradores serán inapelables.
6. ANOSACOSTA agradece de antemano la colaboración de los/as usuarios/as para conseguir un foro en el que todos/as podamos sentirnos lo más a gusto posible. Muchas gracias.


Código de seguridad
Refescar

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?