PUBLICIDAD

Banner
Localizan o corpo sen vida do pescador de Camariñas
Usar puntuación: / 5
MaloBueno 
Jueves, 26 de Abril de 2012 13:24

DSCF5520

O 112 confirmou a aparición de Ovidio Lema

 

Xoves 26 de abril

14:23

O 112 Galicia confirmou a localización do corpo sen vida de Ovidio Lema, nunha zona rochosa na praia do Trece en Camariñas.

 

9,20- Reanudouse a búsqueda de Ovidio Lema na costa de Camariñas. Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo a Europa Press, efectivos de Protección Civil, por terra, e o helicóptero Helimer 204, por mar tratan de localizar a este pescador, que foi arrebatado por un golpe de mar.

DSCF5529

Mércores 25 de abril

21:45

As tarefas de búsqueda do pescador desaparecido na zona do Cemiterio dos Ingleses, en Camariñas, quedaron suspendidas ata este xoves a primeira hora. De momento non houbo ningún resultado positivo.

20:00h Foto da zona da desaparición

DSCF5524

Propiedade de Anosacosta

19:40 CRÓNICA

Ovidio Lema Pérez, de 46 anos de idade desapareceu esta tarde na zona de Cabo Vilán cando practicaba a pesca deportiva acompañado do seu cuñado, Manuel Martínez. Ámbolos dous residentes na parroquia de Ponte do Porto.


Segundo nos indica Rafael Lema dende Camariñas, Martínez resultou ferido nunha perna e foi trasladado ao centro médico de Vimianzo. Ovidio caeu ao mar e está a ser buscando por un amplo operativo por terra, mar e aire.


Pescaban na zona do Cemiterio dos Ingleses, no medio dun forte temporal cando unha onda xigante arrastrou a Ovidio, un home moi coñecido na zona, e que rexenta un establecemento hosteleiro, o “Descanso” no lugar de Dor, en Ponte do Porto.

 

19,07- Continúa o dispositivo de búsqueda do pescador desaparecido.Confírmannos desde Camariñas que o desaparecido é da Ponte do Porto, e que o seu acompañante resultou ferido leve. Tamén que as condicións do mar son moi adversas. E que na zona dos Cemiterio dos Ingleses se concentra a estas horas moita xente.

 

18,15h.Un pescador precipitouse o mar sobre as catro da tarde, cando pescaba na zona dos Cemiterio dos Ingleses, na Costa de Camariñas. O helicóptero “Helimer” e a embarcación “Salvamar” forman o operativo de búsqueda xunto con efectivos de Protección Civil, Garda Civil e a Policía Local.

 

O home, residente na parroquia de Ponte do Porto, pescaba na compaña dun parente.

FOTO- Cemiterio dos Ingleses

 

RADIO ANOSACOSTA

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

Encuestas

¿Qué te parece la camiseta del Xallas?