PUBLICIDAD
| IxV recorre a contratación da secretaria do alcalde |
| Lunes, 23 de Enero de 2012 09:57 | |||
|
Presentaron un recurso de reposición. O nomeamento de Marta Rey Lema como persoal eventual do concello desenvolvendo o cargo de secretaria personal do alcalde, Manuel Antelo, e que se publicou no BOP do pasado 11 de xaneiro, encontrou o desacordo do grupo de Independientes por Vimianzo que presentou un recurso de reposición contra citada decisión.
Aluden a que esta contratación é incompatible coas medidas urxentes que entraron en vigor desde o goberno central, e que só contempla contratacións eventuais en casos “urxentes e inaplazables”.
Ademáis desde IxV explican que a persoa antes citada non desenvolve “funcións de confianza ou propias do persoal eventual”. Polo tanto solicitan a suspensión do contrato, e apuntan que de estimarse a súa reclamación , habería que “reintegra-lo indebidamente cobrado ou o alcalde sería responsable dun pago indebido”. Segundo a información pública existente Marta Rey percibirá 28.800 euros de retribución bruta anual
|






