PUBLICIDAD
| Nove anos sen Man |
| Jueves, 29 de Diciembre de 2011 08:30 | |||
|
Segue sen haber solución o abandono do seu legado. Este pasado mércores 28 de decembro, cumpríronse 9 anos do pasamento de Manfred Gadfinger, o “alemán de Camelle”, e os voluntarios da Fundación Man insistiron na súa demanda da necesidade de protexer o legado de Man, e cubriron simbólicamente a caseta do anacoreta con plásticos negros que se utilizaron na catástrofe do Prestige. Foi un máis dos actos reivindicativos dos últimos anos. Porque as solucións non chegan.
De feito as autoridades, as anteriores e as actuais, non moven ficha. Iso si, o estado recibiu 120.000 euros donados por Manfred. Pero nada se destinou de momento a conservar o seu patrimonio, que suporía un atractivo turístico para Camelle e para toda a comarca.
O 19 de xuño de 2009 o Parlamento de Galicia aprobada por unanimidade unha proposta do PSOE, apoiada por PP e BNG, para realizar un estudio e catalogación do conxunto da obra de Man de Camelle, analizar a conversión da súa obra como Ben de Interese Cultural(BIC), e apoiar as iniciativas para a conservación da mesma. Marcábanse un prazo de seis meses.
Fai poucos días, o seu sobriño Clemens visitaba a zona, e pedía que se actuara ó respecto. Algo que se ven pedindo insistentemente. Pero a clase política semilla estar xorda.
FOTO- Interior Museo de Man mandecamelle.blogspot.com
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









