PUBLICIDAD

Banner
Os alcaldes de Vimianzo e Zas apostan por Beiras e Aymerich
Usar puntuación: / 3
MaloBueno 
Martes, 24 de Enero de 2012 10:34

vilarebeiras

Rafa Villar (esq) lidera a lista do Movemento Galego ao Socialismo.

Máis Galiza e o Encontro Irmandiño uniron forzas para tentar situar a Xosé Manuel Beiras na portavocía e a Carlos Aymerich coma candidato a Xunta. Da bisbarra contan cos apoios , dentro da candidatura, de Manuel Antelo Pazos(41), alcalde de Vimianzo, e do rexedor de Zas, Manuel Muiño Espasandín(suplente).

 

A concelleira larachesa Mónica Castro Nogareda(50) tamén se suma a esta proposta política.Tamén figuran na candidatura, coma suplentes, o concelleiro de Obras de Carballo, Lois Lamas Álvarez, a dirixente de Galiza Nova, a vimiancesa Balbina Gándara Antelo, e a pontecesana Nieves Suárez Martínez.

 

A candidatura do Movemento Galego ao Socialismo está liderara polo escritor ceense Rafa Villar e conta co apoio do larachés Xosé Antón de la Fuente Subiela(7) e dos fisterráns Xoán Carlos Sar Oliveira(11) e Paulina Mouzo Fernández(12).

 

A asamblea nacionalista celébrase esta fin de semana.

 

Nota da Redacción- Na revisión destas candidaturas e como non se especifica a zona dos candidatos, cabe a posibilidade de que poidera quedar algún nome no tinteiro. Nese caso pregamos que nolo fagan saber ao correo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 
Banner

Twitter

Banner

Encuestas

Estas de acuerdo con la moción de censura presentada en Cee
 

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner