PUBLICIDAD
| Promoven mobilizacións polo “Caso Maceiras & Esmorís” |
| Viernes, 01 de Junio de 2012 13:51 | |||
|
Queren explicacións por parte da Xunta de Galícia e sospeitan de que poida haber implicacións desde a administración.
Os afectados póla presunta fraude na xestión e cobro de axudas forestais dan un paso mais. Despois dunha xuntanza entre xentes vencelladas as denuncias do chamado “Caso Maceiras e Esmorís”, decidiuse abrir um calendario de mobilizacións para esixir um posicionamento da Xunta de Galícia.
Desde a Federación Rural Galega confirman que “que moitos dos presentes eran xA coñecedores e coñecedoras da imputación de grandes cantidades de cartos en concepto de subvencións forestais para traballos em leiras que nen son da sua propiedade, e que eran directamente cobradas pola empresa imputada desde o Xulgado de Corcubión”.
Sospeitan da administración
Fruga asegura que hai un sentimento de desconfianza coa Xunta de Galícia xa que “Entendese que é imposíbel que desde a Administración non se tivera ningunha sospeita ao respeto da tramitación fraudulenta destas axudas, polo que todo parece indicar que alguén poderia ter colaborado com esta trama desde a propia administración”.
Deste xeito pretenden iniciar unha campaña de protestas, que terá como epicentro o concello de Vimianzo.
|



