PUBLICIDAD
| Unha empresa séntese perseguida en Vimianzo |
| Lunes, 20 de Febrero de 2012 10:37 | |||
|
Culpa ao alcalde dunha persecución política. O curte do servizo eléctrico diante da sede da empresa e da vivenda (En Calo)dos seus socios non é máis ca un novo paso na persecución política que está promovendo o alcalde nacionalista de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos. Iso polo menos é o que pensan desde Manuel Rodríguez Lema S.L.
Acusan o rexidor de “non acatar as resolucións xudiciais” e de “vulnerar a orde de relación de pagos a acreedores, indo en contra dos informes de secretaría e intervención”.
Tamén afirman que desde o concello se convida a tódalas empresas a participar nos concursos de obras menos a Rodríguez Lema, unha empresa con importantes contratos en España e tamén no continente americano.
Todo isto sumado a un suposto retraso no pago das facturas de materiais, que viña suministrando esta empresa por mor dun contrato anterior a chegada do BNG. Desde a empresa apuntan que ademáis desde o concello chegaron a “reclamarnos cantidades en concepto de enganche de auga que xa foran pagadas”.
Agora, segundo a empresa, desde o concello cortan “o alumeado público ubicado na vía pública”, que prestaba servizo diante das oficinas da empresa e da vivenda particular dos seus responsables.
“A entidade Manuel Rodríguez Lema S.L. non son soamente os seus donos e familia, senón tamén mais de cincuenta familias que a maioría vive en Vimianzo; calquera ataque a empresa supón un ataque para os seus traballadores” apuntan desde a empresa soneirana que lle piden o alcalde “que nos deixe respirar”.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









