En Anosacosta estamos realizando cambios na web.Desde agora os comentarios dos lectores estarán todos incluídos na sección “Ti Opinas”. Máis información dentro da noticia.

ANOSACOSTA INFORMA:

Ó contrario que outras webs que non permiten comentarios, desde o noso nacemento, Anosacosta.com sempre tivo como filosofía propia establecer canles de participación dos nosos lectores, para que poideran trasmitir as súas opinións. Tamén é certo que de vez en cando hai personas que se escudan no anonimato para lanzar ofensas ou acusacións graves. Pero sobre este tema, xa temos a nosa debidamente explicada nun párrafo que se pode ler antes de escribir cada comentario.

Desde Anosacosta, estamos iniciando unha serie de cambios que afectarán progresivamente a estructura da web, o seu deseño e tamén a varias das súas seccións. O que foi unha aventura cibernética de dous amigos, convertiuse xa nunha iniciativa empresarial de comunicación,  e todo gracias os milleiros de lectores que nos seguen día a día. Gracias, porque sen vós nada sería posible.

Un dos primeiros cambios está relacionado cos comentarios. Seguimos co noso compromiso de ofrecer foros de opinión. A novidade é que desde agora estes comentarios estarán localizados na sección “Ti Opinas”, a que se poderá acceder e escribir coa mesma facilidade. Evidentemente, calqueira artigo de opinión de Anosacosta ou dos nosos colaboradores terá obligatoriamente  a posibilidade de que sexa rebatida ou apoiada polos internautas. Co resto das noticias, iremos habilitando titulares e proponiendo temas para que os interesados vaian opinando, e evidentemente estamos abertos a calqueira sugerencia en contacto@anosacosta.com.

Insistimos en pedir respeto nas opinións, e seguiremos comentando as vindeiras novidades da nosa páxina.