perezyucha

Anosacosta ofrece os certificados sobre as percepcións económicas recibidas polos dous últimos alcaldes xalleiros.

Despois dunha agria discusión celebrada no último pleno, o voceiro socialista José Antonio Ucha Velo (nunha iniciativa que valoramos positivamente, porque demostran a influencia e popularidade deste medio) propuxo que se colgaran na web Anosacosta os certificados sobre os ingresos como alcaldes.

O alcalde Miguel Pérez accedeu e entregounos os dous certificados, que co permiso dos dous publicamos aquí. Como supoñemos que a noticia esperta curiosidade e co desexo de coñecer as interpretacións dos nosos lectores, habilitamos un foro, advertindo de que serán borrados aqueles comentarios que non se refiran o tema de debate.

DESCARGA DOS CERTIFICADOS 

TODA A INFORMACIóN DO XALLAS EN www.anosacosta.com