O Santa Comba C.F. afronta a súa terceira temporada consecutiva na 3ª División cun proxecto onde destaca a xuventude do seu plantel e a nova liña de xogo que tratará de impór o novo míster, Gelucho.

Logo de dous anos de presencia entre a nobreza da 3ª galega, Chus Baleato abandonaba o equipo xalleiro cun regusto realmente dóce. Atrás quedaban dous ascensos ( de 1ª Rexional a Preferente e o histórico a 3ª división), unha Copa da Costa e a sensación de convertir a un equipo mediano nun grande a base de orde e talento. Magnífica filosofía.

A nova temporada trae como principal novidade dos laranxas a Gelucho, un adestrador que alcanzou cotas deportivas sin precedentes co Negreira e que vén dunha experiencia non tan positiva en Lalín. Con él chegará un novo estilo no trato do balón, máis cuidado, cun fútbol máis combinativo que trate de divertir ó público do Fontenla.

En canto ás fichxes de xogadores, quizais o máis destacable é que continúa a columna vertebral do equipo, pese as numerosas e grandes ofertas que manexaron. Un plantel con Juan na portería, Gonzalo, Toño e Lobo na zaga; Pibe, César e Angeliño na sala de máquinas e Iván González na vangarda;  ten garantizada forza, oficio e calidade a partes iguais. Os novos aportaran a sempre necesaria clase media e moita xuventude. Iván Campos no arco, os ex do Lalín Marcos e Julián, as zurdas de Fafu e Roberto Piñeiro e os goles de Álvaro, farán disfrutar ás bancadas. Ademáis, Gelucho está dando chance a rapaces da comarca como Solís e Damián. Como guinda para este plantel, acaba de chegar Brais Domínguez, xogador  con sangue fisterrana e xalleira a partes iguais, formación coruñesa e experiencia na categoría  co Cerceda. ¡Menuda combinación!

 O obxectivo, partindo da consolidación, debe de ser estar entre os 10 primeiros da categoría e enganchar ó espectador co seu xogo. O Ordes na primeira xornada xa se marchou goleado. O Santa Comba gañaba tamén en Ourense. Que continue.