Estamos a  piques de comenzar unha nova tempada futbolística.Hoxe ofrecemos un artigo de opinión asinado polo noso compañeiro José Manuel Vázquez Rodríguez "Huelvis",que versa sobre o Santa Comba CF que milita na Terceira Galega.Agardamos que vos guste e desexamos que o noso articulista se anime a seguir mandando comentarios deportivos.

OBXECTIVO CLARO: SEGUIR NA TERCEIRA GALEGA

O Santa Comba C.F. afronta a súa terceira campaña na Terceira División co obxectivo da continuidade na categoría como meta. Gelucho continuará dirixindo o equipo da Terra do Xallas, que nesta temporada se parecerá en pouco ó da pasada temporada. Marcháronse baluartes dos laranxas como Toño, Lobo, Angeliño ou o cancerbeiro Juan entre outros e chegan ó Fontenla xente de contrastada valía tamén. A aposta está clara: veteranía que axude a medrar á xuvetude. Veremos si a fórmula se convirte en exitosa.

Xente contrastada na categoría como Roberto Feáns, Uxío, Gelo, Cotrofe ou Adrián Nieto aterrizan coa idea de apuntalar un equipo que ademais se verá respaldado na portería do oficio do ex do Cidade de Santiago (entre outros) Carlos Mariño, toda unha institución no balompé galaico. Pero, sin dúbida, as mellores fichaxes son a continuidade dos tres máximos referentes actuais do equipo: o xalleiro Doro, o noiés Iván González e o hispano-arxentino Pibe. Os tres, aportarán calidade, maxia e goles.

Doro, logo do calvario da pasada temporada en forma de lesións, afronta un ano pletórico de ánimo, e polo que se ve na pretemporada, coa velocidade e capacidade de desborde que o estableceron entre a aristocracia da categoría.O " Maestro" Pibe seguirá dirixindo a orquestra, con paso pausado e mente rápida; mantendo a virtude de facer fácil o que parece difícil e darlle o balón o compañeiro mellor colocado.

Iván, logo dun verán tentado por moitas noivas futbolísticas, será o xogador que leve o peso do ataque da escuadra xalleira. Da súa calidade e do seu acerto goleador dependerá en boa parte o xogo ofensivo do equipo.Con esta xente debería medrar as súas prestacións xóvenes como Brais Domínguez, Diego Arnejo, Bruno Espasandín, Iván Solís, Brais Sendón, o porteiro Ángel ou Matías, entre outros, que deberían disfrutar de minutos de calidade durante o ano.A plantilla pode ser curta, sobre todo si a asolan as lesións como o ano pasado, pero a jlusión debe de ser grande, nunha categoría durísima na que estarán clásicos do fútbol galego como o Ourense ou a S.D. Compostela de Caneda. O 31 de agosto comeza o baile.