Image
Presentamos unha nova voz autorizada, neste caso do mundiño do fútbol,a do compañeiro Huelvis que nos ofrece un interesante artigo, que resposta as múltiples peticións que tivemos nos foros e mediante correos electrrónicos. Aqui está….

PAIXÓN COMPARTIDA

 

23:06 h.: Nesta hora comezo a compartir alguna reflexión deportiva cos amigos de anosacosta.es. O título deste artigo pretende ser unha invitación a que os lectores desta páxina compartades comigo a miña gran paixón, o mundo do deporte e o fútbol en particular. Quero agradecer ós administradores da páxina a paciencia que tiveron con este humilde colaborador, e ós visitantes da páxina, que aínda se lembren de min. Estes artigos non pretenden ser dogmas de fe, senón só meras impresións, máis ou menos subxectivas dirixidas a quen as queira ler, sin outra pretensión que o entretemento e, se cadra, o debate educado, sin meternos en disquisicións persoais.

Algún lector da páxina me preguntaba por futbolistas costeiros, e tamén por outros históricos a nivel nacional ou mundial. Sobre esas cuestións me vou a centrar, eso sí diferenciando entre o afeccionado e o profesional, que non teñen nada que ver.

Para ir centrándome, que teño moito rollo, me falábades, entre outros de Weri e de Capelo. Partindo da base, de que co segundo podo ter un coñecemento moito máis cercano e difícimente obxectivo, vou comezar co muxián.

Só tiven o placer de compartir algo máis dunha temporada con él coma compañeiro, e varias máis como rival. O de rival é un dicir, porque sempre se portou como un cabaleiro no campo… e como un " despiadado" dianteiro na área. Eso significa que o disfrutei a favor e o sufrín coma rival, tanto no verde embarrado do campo como no cemento ou parquet da sala. Weri era ante todo un goleador, co que eso significa: distinción, seguridade en sí mismo e moita capacidade de remate. Dominaba todas as sortes da finalización, baseándose nunha zurda explosiva. Forte, para protexer e rápido para armar o tiro, e si a situación o requería, oportunista e intuitivo para adiantarse ós zagueiros contrarios. Gran lanzador de faltas, tiña tamén a cualidade de que podía estar moito tempo sin intervir, pero cando lle chegaba o balón sabía o que tiña que facer: culminar o traballo do seu equipo. Salvando as distancias, pareceríase ó italiano Vieri ( na súa versión estelar da Juve, Atleti e primeira etapa no Inter). Lamentablemente, fai tempo que lle perdín a pista.

De Capelo podería escribir un libro, e él de min, creo que tamén, porque creo que coincidimos no noso gusto polo fútbol, aínda, que, por suposto con matices. Él non podería disfrutar da maxia dunha victoria agónica no Calderón…

Creo que sobre todo era un xogador que desiquilibraba coa técnica ( hainos que o fan coa velocidade , coa potencia ou coa combinación das 3, bueno destes Messi e poucos máis). Por iso canto menos espacios había máis lucía, aínda que, ás veces, "desesperara" ó resto do equipo. Como adestrador seríame difícil ubicalo, aínda que a él lle gustaría na media punta, con dous dianteiros por diante. Complicado. Quizais un dos seus mellores anos o fixo con Manín de míster, escorado á esquerda, aproveitando o seu pase final. Si hai algunha característica que o definirá sería a imaxinación no regate, e o ser ambidiestro, tanto na saída da finta como no disparo.

Mención aparte creo que merece no fútbol sala. Seguro que outros marcaron máis goles, pero casi imposible que fixeran eses regates buscaran ata en exceso a asistencia inverosímil. Eso sí, por dicir algo malo, "olvidávase" de defender.

DESEQUILIBRIO

Vou acabando que senón faise moi largo. Para o usuario de anosacosta "George best", vou a escribir un pouco del. E tratar de ser orixinal non é fácil, porque del hai demasiado escrito, aínda que do seu fútbol, non demasiado. Vala como mostra un botón. Nunha coñecida páxina de internet, fálase máis da súa vida lonxe do campo que no verde tapete. Tampouco vou a recurrir ás súas famosas frases. Só fútbol, que é bastante.

Best foi un adiantado no fútbol británico, un estraño no medio do academicismo reinante nos 60. Si houbera nacido en río de Janeiro e non na chuviosa Belfast houbera sido máis comprensible en todo o que facía. Best marcou o impulso definitivo dun clube grande na actualidade, pero mediocre na súa época, o Manchester United. Bueno, mediocre no deportivo e moi desgraciado. A finais dos 50, mentres o Real Madrid sumaba Copas de Europa, un equipo xoven, creado por un visionaro co era Sir Matt Busby, quedaba destruido nun desgraciado accidente aéreo en Munich. Alí finaba, entre outros Duncan Edwards, chamado a liderar o fútbol británico da época. Quen sobreviu, milagrosamente foi Busby e un rubio de 18 anos chamado Bobby Charlton. Eles comezaron a reconstrucción e no seu camiño se cruzou en 1964 un arrogante norirlandés, con gañas de comerse o mundo. Con é cambiou todo. Era tan distinto que era incontrolable no campo. Nunha época en que en Inglaterra gustaba máis a velocidade que a técnica, o Manchester xuntaba a un metrónomo con chegada como Charlton ( Xavi, con pouco pelo) e un lóstrego do regate e cambio de ritmo como Best. Cando sempre se xogaba cun número que casi marcaba o posto, Best xogaba co 7, co 8, co 10 ou co 11. É dicir por onde quería: dereita, esquerda, centrado, centrocampista, extremo ou dianteiro. Nunha palabra, DESEQUILIBRIO en estado puro. Regates, asistencias, goles, todo estaba no seu repertorio. Busby fixoo sentir importante, e Best agradeceullo con 2 Ligas, 1 Copa de Europa(1968), máis dun centenar de goles e miles de regates e detalles inolvidables.

Para él tamén foi o Balón de Ouro do 68, pero creo que a súa influencia vai máis alá dos premios, que son ante todo, discutibles ( nesa época tamén ten o mismo galardón o húngaro Florian Albert, e seguro que ninguén garda vídeos del).

George Best, futbolista do United ( o posterior ó 74 non sei si asignalo a esa profesión), colocou a Manchester no mapa do fútbol europeo( xunto con Busby e Charlton, un fenómeno); cambiou a dura mentalidade do fútbol británico, para que poideran disfrutar da técnica e non só do "atletismo futbolístico". E eso non debeu ser fácil. Menos mal que a Internet sí o ten inmortalizado, pero con imaxes do que sabía facer.

00:25h.Remato. Si queredes podemos establecer calquera debate deportivo, sempre desde a educación, aínda que as opinións sean dispares. Para iso están.

Un saúdo.

P.D.: creo que me pasei de largo, pero como dicía o gran Manquiña " me emocioné".

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ "HUELVIS"