Image
O xogador Víctor Espasandín Facal, nacido en Santa Sabiña, participou en Londres no primeiro partido da pretemporada blaugrana fronte o Tottenham Hotspur que finalizou con empate a 1.

O XALLEIRO VÍCTOR ESPASANDÍN DEBUTA CO F.C. BARCELONA

 O xogador, nacido en Santa Sabiña, participou en Londres no primeiro partido da pretemporada blaugrana fronte o Tottenham Hotspur que finalizou con empate a 1.

 Un xalleiro na “Catedral” do fútbol mundial. Así tamén poderiamos abrir esta noticia, e é que Víctor Espasandín xogaba onte o seu primeiro partido co 1º equipo do Barcelona nun escenario colosal como é o novo Wembley. O coliseo londinense, reconstruido nos últimos anos, foi o fogar para o primeiro partido do “stage” de pretemporada do conxunto que dirixe Pep Guardiola, ademais do lugar do debut de Víctor.

Image

 O futbolista, de 24 anos, xogou todo o segundo tempo e non se deixou impresionar nin polos 60.000 espectadores que asistiron ó encontro, nin por enfrentarse  a xogadores de recoñecida valía internacional, como o croata Luca Modric, os ingleses Jenas e Aaron Lennon ou o irlandés Robbie Keane. Si adestras con Messi, Henry, Xavi ou Iniesta, parece que non te poderás poñer nervioso con facilidade.  Espasandín foi o lateral esquerdo elexido por Guardiola, o adestrador que o fichou da Ponferradina para o Barça B, para substituir a Eric Abidal.

 Este é un paso máis para este xogador, que xa entrara nunha convocatoria do 1º equipo nun partido de Liga en Sevilla o 9 de febreiro de 2008, na época de Frank Rijkaard no banquillo culé. Espasandín será unha das pezas importantes do filial azulgrana que dirixe Luís Enrique na nova temporada que vai comenzar. Si o ano pasado o pasou mal por culpa das lesións, a súa presencia na pretemporada co primeiro equipo é un premio para a súa evolución e o seu traballo constante. O domingo pode ter outra oportunidade, tamén en Wembley fronte os egipcios do Al Ahly, quizais compartindo minutos con Leo Messi.

 E o mellor de todo é que estes éxitos deportivos non o cambian un ápice. Sigue facendo da cordialidade e humildade as súas señas de identidade. Disfruta, sempre que pode, dos seus días libres cos seus familiares e amigos de toda a vida en Santa Comba , sempre accesible a todo o mundo. Incluso se convirte nun magnífico anfitrión cando algún destes amigos o visita na cidade condal. Aínda que o seguinte sone a tópico, non o é : Víctor Espasandín, gran futbolista e mellor persoa.

Unha colaboración de José Manuel Vázquez para Anosacosta.com