Image

Anosacosta.com está de noraboa.

No pasado mes de Abril de 2008, conseguiu situarse no 25º posto do Ranking das Webs máis visitadas de toda Galicia na súa categoría, a de medios de comunicación. Por diante están medios con moitas máis posibilidades económicas e de difusión, como por exemplo "La Voz de Galicia", "Faro de Vigo", etc. pero Anosacosta.com conseguiu nestes últimos meses estar moi por diante de medios como "Diario de Pontevedra", "TeleVigo", "GaliciaAhora", etc etc.

O Ranking completo pode verse na seguinte dirección web: http://www.rankingalexa.com/ranking.php?r=a&cid=13&caid=12&st=0

 

Queremos agradecer este feito a tódo-los nosos visitantes, xa que gracias a eles somos o Portal Informativo máis visitado da Costa da Morte, con 28.542 páxinas vistas en Abril de 2008 por 7.562 persoas.

A ubicación destas visitas está moi repartida, e aínda que a gran maioría son visitantes galegos, todos os días nos sorprendemos da gran cantidade de accesos dende América do Sur, Estados Unidos, Italia, Suiza, etc etc.

Image

Dende esta sección, queremos recordar que todas aquelas persoas que queiran mandarnos informacións de calquer índole, poden facelo a través do noso buzón de correo contacto@anosacosta.es . Fotos, noticias curiosas, protestas, suxerencias . . . todo o material será benvido e publicado.

Un saúdo e infinitas GRACIAS!!!

A Dirección
Anosacosta.com