PUBLICIDAD

Banner
Polémica urbanística en Camariñas
Usar puntuación: / 1
MaloBueno 
Martes, 04 de Agosto de 2009 23:01

Publicamos unha carta aberta que nos remitiron dous veciños do concello de Camariñas que denuncian a responsabilidade do goberno de Camariñas e do seu alcalde, Manuel Alonso de León, ante unha grave situación urbanística.

GRAVE SITUACIÓN URBANÍSTICA DE CAMARIÑAS POR RESPONSABILIDADE DESTE EQUIPO DE GOBERNO E DO SEU ALCALDE

 A grave situación na que se atopa o Concello de Camariñas en materia urbanística ven dada pola ausencia dun plan xeral de ordenación municipal. Este concello só conta con delimitación de solo urbano (DSU) aprobada no ano 1981, polo que gran parte do seu desenvolvemento fíxose en solo rústico, á marxe dunha legalidade urbanística manifestamente obsoleta e, por outra banda, ao non ter ese instrumento estratéxico para o desenvolvemento do concello, creceu de forma irregular e con graves prexuízos e inseguridade para o conxunto dos veciños.

 Dita inseguridade resolveuse de maneira fáctica ou pragmática mediante o consentimento implícito das distintas corporacións que se viñeron sucedendo dende entón. Consentimento que se rompeu pola responsabilidade exclusiva deste alcalde, xerando unha situación de inseguridade para todo o concello.

Image

1. Con data de 29 de xaneiro de 2009 o Alcalde de Camariñas presentou denuncia na Xunta de Galicia contra un particular que pretendía realizar a colocación dunha ducia de soportes para sustentar un cabanote de madeira destinado a actividades de lecer ao aire libre.
2. Como consecuencia, Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia incoou expediente sancionador  contra este particular o 17 de marzo de 2009.
3. O particular, en representación da familia, puxo en coñecemento do alcalde, por escrito do 16 de abril de 2009, a situación de ilegalidade na que se atopa medio centenar de edificacións do concello, dúas das cales estaban a desenvolver obras que o alcalde, malia o seu deber, non paralizou, amosando unha incomprensible dobre vara de medir e crebando o principio de igualdade ante a lei, sendo un agravante que unha desas obras é dun candidato na lista que encabezou o alcalde nas pasadas eleccións municipais.
4. Ante a constatación da falta de actuación do alcalde, os particulares optaron por presentar os día 23 e 24 de xullo sendas denuncias á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística exclusivamente contra estas dúas edificacións.
5. Os particulares publicaron un carta aberta ao alcalde na que denunciaron ante os veciños de Camariñas estes feitos e anunciaron que ían denunciar outras ilegalidades vinculadas a persoas achegadas ao equipo de goberno da corporación e do mesmo alcalde:
 
a. Edificación con referencia catastral número 5053302MH8755S, propiedade do alcalde
Sita no casco urbano e con fachada principal á rúa Churruca e posterior á rúa Santa Ana, que incumpre as condicións de seguridade, salubridade e ornato público establecidas no artigo 9, apartado b), da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Image


Especialmente preocupantes son as condicións de seguridade, xa que a edificación non presenta ningún elemento de valado ou cerramento que poida previr posibles desprendementos de cascallos, derrubes e mesmo caídas dos máis variados obxectos acumulados no curro (que máis parece unha escombreira) que poidan poñer en perigo a seguridade e a integridade física dos transeúntes, especialmente dos nenos que xogan no contorno da edificación.

Máis alá do que se lle esixe a calquera cidadán, a responsabilidade do alcalde é maior se cabe por canto o máximo responsable da administración local ten que amosar un coñecemento da norma e proceder con exemplaridade no cumprimento da mesma.

b. Cabazo con referencia catastral 5064112MH8756S, propiedade da concelleira de Asuntos Sociais
sita no lugar de A Millarenga foi derrubado un cabazo de máis de cen anos protexido pola Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG n. 214, do 8 de novembro de 1995).

Dito cabazo estaba na obriga de ser recollido no Catálogo de bens culturais  do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Camariñas, segundo o artigo número 75 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, porén desapareceu recentemente contravindo os artigos 1, 3, 4 e especialmente neste caso o artigo 16.2 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de Protección do Patrimonio Cultural de Galicia: “Non poden invocarse como causas determinantes para deixar sen efecto a declaración de un ben de interese cultural as derivadas do incumprimento das obrigas de conservación e mantemento recollidas nesta lei”.

Por estas dúas últimas presuntas ilegalidades presentamos coñecemento ao propio concello e denuncia ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e do Servizo de Inventario e Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Hai outras presuntas ilegalidades que tamén serán denunciadas.

En Camariñas, a 3 de agosto de 2009


Particulares:
J. Pedro Alvite Rueda, X. Santiago Alvite Rueda,

 

Comentarios 

 
0 #1 07-02-2011 08:47
si
Citar
 

Escribir un comentario

Desde Anosacosta.com queremos recordar las normas vigentes de publicación de comentarios en nuestro foro, así como en las anotaciones anexas a las noticias.
1. ANOSACOSTA tiene foros de debate, de opinión e intercambio de información sobre temas relacionados con noticias de A Costa da Morte.
2. ANOSACOSTA no tolerará actitudes que provoquen una mala convivencia en el foro, tales como insultos a otros/as usuarios/as, provocaciones, ni por supuesto comportamientos presuntamente delictivos, que llegado el caso serán puestos en conocimiento de las autoridades competentes o bien se colaborará con las mismas cuando éstas así lo requieran a la hora de identificar a foreros/as autores/as de estos comportamientos. Asimismo, por orden expresa del webmaster, cualquier insulto o menosprecio a los colaboradores de Anosacosta se sancionará con expulsión indefinida.
3. Para la denuncia de estos comportamientos, dado que es imposible que los administradores de Anosacosta perciban todos ellos, los/as usuarios/as podrán mandar un mensaje privado al correo contacto@anosacosta.com , y éste actuará en consecuencia si lo considera oportuno. En los foros de Anosacosta no se atenderá ninguna queja sobre otros/as usuarios/as, sino que tendrá que ser comunicado vía correo electrónico.
4. Anosacosta no se hace responsable bajo ningún concepto de las opiniones vertidas por los/as usuarios/as de sus foros. Anosacosta colaborará con las autoridades a la hora de identificar foreros/as que hayan publicado contenidos presuntamente delictivos.
5. Las expulsiones del foro, dependiendo de la gravedad de los casos, podrán ser temporales o indefinidas. Por contra, se será enérgico con aquellos/as otros/as que se dediquen mayormente a generar tensión y mal ambiente en los foros. En ningún caso -en NINGUNO- se darán explicaciones sobre sanciones impuestas o no impuestas. Las decisiones de los administradores serán inapelables.
6. ANOSACOSTA agradece de antemano la colaboración de los/as usuarios/as para conseguir un foro en el que todos/as podamos sentirnos lo más a gusto posible. Muchas gracias.


Código de seguridad
Refescar

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?