Paz Andrade e Vimianzo

Por o 15 mayo, 2012

DSCF5232

Valentín Paz Andrade colocou o nome de Vimianzo na historia da navegación.

RAFAEL LEMA

 

Valentin Paz Andrade, ao que este ano homenaxeamos no Día das Letras Galegas, ademáis de home de cultura foi destacado empresario, nunha das grandes empresas pesqueiras do mundo, a galega Pescanova. Foi neste campo no que sucedeu un capítulo pouco coñecido entre o público en xeral que vincula a don Valentín coas nosas terras, concretamente co nome de Vimianzo, e dun xeito verdadeiramente curioso se atendemos a escasa vinculación mariñeira deste fermoso concello.

 

Pescanova fai 50 anos botou os primeiros conxeladores do mundo, coma o “Lemos”. Un segundo paso foi a construción de dous buques rampeiros, os primeiros de España, que tiñan a particularidade de cargar a pesca pola popa en vez de facelo por un costado. Eran o “Vimianzo” e o “Villalba”. Entraba así Vimianzo na historia de navegación nacional e da pesca europea de mans da iniciativa de Paz Andrade. Os nomes viñan sendo os dos antigos marcos xurisdicionais da Idade Media, os grandes señorios dos que ainda nos fican en boa parte os castelos, xa que como é evidente ningún destes barcos fan mención a concellos mariñeiros. O peso no bautizo da erudición e cultura de don Valentín é palpable. Unha aposta polo futuro e o traballo vinculada ao recordo do noso glorioso pasado.

 

barco y ola 004

 

O “Vimianzo” era un conxelador de 1050 toneladas, botado no 1963. Segundo o investigador J.A. Otero Ricart, a súa construción “supuso una auténtica revolución, y un aumento importante de la capacidad pesquera de Pescanova”. Na primeira viaxe a África do Sul o Vimianzo no primeiro lance reventou as redes con tanta pesca. Foi tan importante este barco que o 2 de setembro de 1963 o mesmo caudillo Francisco Franco quixo coñecelo e subiu nel en Sada acompañado, como non, polo home ao que rendemos homenaxe, Valentin Paz Andrade, padriño do buque.

 

Di unha crónica xornalística da época, asinada pola axencia oficial Cifra e publicada o día 3 de setembro:

“Esta mañana, a las diez, Su Excelencia el Jefe del Estado embarcó en el puerto de Sada, en el buque de pesca «Vimianzo». Le acompañaban desde el Pazo de Meirás el ministro de Comercio, el segundo jefe de la Casa Militar, ayudante de campo de Su Excelencia, secretario de la segunda jefatura de la Casa Civil y el doctor Gil. Al llegar Su Excelencia al buque de pesca, a los acordes del Himno Nacional, fue saludado en el portalón por el capitán del buque y a continuación, le cumplimentaron el subsecretario de la Marina Mercante, el director general de Pesca Marítima, el comisario general de Abastecimientos y Transportes, el secretario general técnico del Ministerio de Comercio, el jefe nacional del Sindicato de la Pesca y don José Fernández López, de la empresa «Pesca Nova», de Vigo.

 

Con la tripulación formada se izó el guión del Caudillo. Además de las personalidades citadas, acompañaron a bordo al Caudillo de España el señor Manzanares, presidente de la Empresa Astilleros y Construcciones ; don Valentín Paz Andrade, vicepresidente de «Pesca Nova»; don Alvaro Gil Varela y don Ramón Fernández Dávila, consejeros; don Ángel Fernández Fernández, director-gerente, y don Javier Pedraza Pontela, gerente adjunto de «Pesca Nova». Su Excelencia presenció una demostración del nuevo sistema de lanzamiento del aparejo por popa. Después de almorzar a bordo con las personalidades mencionadas, desembarcó en Sada a las seis y media de la tarde, regresando seguidamente al Pazo de Meirás”.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información