Difícil papeleta ten por diante o novo alcalde de Santa Comba. Evidentemente, non é o mesmo gobernar que facer oposición. E non é o mesmo gobernar cun equipo sólido, que  ter que lidiar con diferentes sensibilidades, ou sexa, tres partidos e varias visións. Pero estou convencido, de que para Ucha Velo este é un reto estimulante e está decidido a tentalo. Non lle falta coraxe e gañas, e queimara tódalas súas naves na búsqueda do éxito como primeiro rexidor socialista de Santa Comba.

Na súa travesía no timón municipal, xa bateu coa primeira rocha, a formación dun goberno. Aquí está en xogo unha boa parte da súa credibilidade e tamén nos vindeiros orzamentos que deseñe, que polo seguimiento que levamos facendo dos plenos, supoño que serán diametralmente opostos ós do Partido Popular. Ucha deberá demostrar que reparte xogo antes os seus socios pero sen convertirse en "prisioneiro" político de ninguén. A súa honestidade e  súa independencia é o mellor aval.

José Antonio Ucha ten unha misión extremadamente complexa, onde vaticino algunha zancadilla e escollos importantes. Pero agora é o momento de darlle esa paciencia  e confianza, que él lle pedía os seus veciños o día que o entrevistei no programa que presento en Punto Radio Noroeste. Nos demáis peiraos a marexada non é pequena, o Partido Popular traballa na reconstrucción das súas naves e en levantar o ánimo, e no Partido Independente, a guerra civil interna aínda non rematou. Hai discrepancias entre o seu líder, Miguel Pérez e o seu número dous, e xa veredes como a gran foliada aínda está por vir. A función non fixo máis que comenzar.

Xosé Manuel Lema

xmlema@anosacosta.com