Anosacosta ofrece  "Un petroleiro que nos puxo a deriva", o testemuño de Xosé Manuel Lema que podes ler na sección de opinión deste comunicador. Cinco anos despois da catástrofe queremos lembrar que as nosas costas non están suficientemente protexidas, e polo tanto seguimos en situación de perigo. A mobilización social e política parece que non serviu para que houbera un cambio considerable para evitar seguir sendo unha zona de risco.

Image

Opinión- Un petroleiro que nos puxo a deriva
 

Non foi un mércores calqueira. Aquel 13 de novembro de 2.002, durme nas hemerotecas coma un día fatídico. Varios anos despois, aínda latexan nos nosos corazóns os ecos escuros daquela devastación cruel do noso litoral.  Un “jaque” brutal para a ilusión de moitas xentes, e para a saúde ecolóxica da zona. O “Prestige” comenzou a acosarnos, a cincuenta millas de Fisterra. Alí empezou a escribirse a traxedia que nunca se esquenzará.Entereime esa mesma tarde, na redacción da emisora onde traballaba. Unha tranquila xornada en Santa Comba, cando se encendeu a luz vermella e nos puxemos en alerta inmediata. Como a vida mesma, nuns segundos a  sorte cambia para sempre. Para ben ou para mal. Comenzaban as primeiras chamadas e as crónicas radiofónicas preludiando o que nunca imaxinaba. Nunca tanto agradecín ter a ferramenta indispensable para calqueira xornalista, unha axenda repleta de contactos e fontes fiables. Un compañeiro redactor, non paraba de buscar datos, e o meu irmán Rafa, convertíase nos meus ollos vía telefónica, desde o lugar do suceso. Pero non era realmente consciente de que unha mala noticia podería acabar convertíndose nun pesadelo que duraría meses, e provocaría tantas bágoas e tanta indefensión.Tan pronto como poiden acerqueime a costa de Camariñas para avaliar a magnitude da catástrofe. Quería ser testigo directo. E acabei percorrendo tódolos concellos afectados.Pero foi unha chamada do xefe do medio de comunicación onde desenvolvía a miña laboura, baixo a marca de Radio Líder, a que me facía percibir a magnitude do que estábamos vivindo e me enfundou un mono de traballo que xa non me quitaría durante longos meses de crónicas cheas de impotencia. Estaba observando a chegada do chapapote no corazón xeográfico da Costa da Morte, na pequena aldea camariñana de  Santa Mariña do Tosto cando sonou o móbil. Era o Director, interesándose pola negra noticia, e emprázandome a poñerme de garda informativa ante a importancia dos feitos que estaban acontecendo. Un servizo permanente de urxencia que se prolongaría no tempo. Non tardou en chegar a caravana de buscadores de noticias, reporteiros, fotógrafos, e platós improvisados nos peiraos da zona. Non tardamos en darnos conta de que viviamos nunha auténtica desgracia. Mentras que desde o máquina do poder non se daba a resposta tan rápida e contundente que necesitábamos, a oposición soubo sacar tallada mediática da situación. Nesta ocasión, o partido gobernante, o PP, non aguantaba con suficiencia o timón do mando, nunha pouco óptima reacción. A moitos nos viña a mente outro goberno, naquela ocasión de cor socialista, que fixera un pésimo papel na xestión doutra catástrofe: O Casón embarrancado en decembro de 1.987, e milleiros de de veciños que fuxían das nubes tóxicas en coches ateigados e incluso tractores..Pero o “Prestige” colleume con 28 anos, e a responsabilidade moral de informar as personas que nos sintonizaban. Porque as veces hai que facer piruetas para non caer no sensacionalismo máis cutre. Pero as desgracias venden demasiado.E día a día foise debuxando unha paisaxe de chapapote que impregnaba todo. Pedras cinguidas de loito, e aves e peixes afogados nun volcán de lava negra. O mar cuspía o líquido contaminante que se apegaba nas súas veas, e depositaba na costa unha parte do seu intoxicado presente.  E sobre a area os sinais do rosario da penitencia, da perversa mala sorte que unha vez máis nos miraba de fronte.Un cheirume industrialmente asqueroso sustituía o perfume salgado que nos ofrecen vilas coma Camariñas, Camelle, Muxía,Corme ou Fisterra. Xentes que pelexaban con excasos medios contra o reloxo cruel. E moitos compañeiros atados a un micrófono para contar o que pasaba, o que víamos e escoltábamos naqueles meses de cansancio e tristura.Agardábamos nas tascas mariñeiras a que amencera para seguir enviando documentos sonoros e escritos da grande portada informativa. Moitos quixeran xogar coa ventaxa que algúns tíñamos, porque seguramente outros comunicadores máis ávidos, que evidentemente os houbo, terían información de primeira mán e primicías irrefutables. O meu irmán Rafa, escritor e activo ecoloxista, levábame polos camiños dos percebeiros, e sabía onde estaba cada día o maior perigo. E tamén os mariñeiros eran un fiel “sabueso”, que me levaban cada día, os cantís máis castigados. Os cons  e as rochas máis inaccesibles. Pero aquilo non tardou en convertirse nunha torre de Babel, intrépidos reporteiros decidiran baixar a praza, para lidiar con ese touro negro chamado Prestige.

E tamén chegou unha xigante marea branca, de voluntarios anónimos que viñan a axudar. Nin faltaron os militares, nin o propio rei de España, por poñer un exemplo da inmensa comitiva de persoeiros que se achegaron a Costa da Morte. Sí botamos en falta o entón Presidente José María Aznar que non chegou a pisar a Costa da Morte. Un torrente de pequenas e grandes accións solidarias espallouse polo noso teatro de derrota e desolación. Finalmente, non estábamos sós, aínda que comenzamos unha guerra sen medios e sen unha planificación seria, por parte das personas que tiñas responsabilidades.Foi unha guerra de guerrillas contra os tornados de fuel que supoñían un batacazo de impredecibles consecuencias. No territorio dos nosos antergos o futuro era unha palabra máxica que sempre quedaba excesivamente lonxe. Lémbrome perfectamente que tres anos despois da catástrofe, nunha reportaxe que realizara, desde a Federación Ecologista Galega, Martiño Nercellas cifraba en 20.000 as toneladas de petróleo nunca recuperadas, e entre 150 e 200.000 aves mortas.Para ser sinceiros, antes do Prestige houbera outros antecedentes. Era xa o 2.005 e así o explicaba o Presidente da Federación coruñesa de confrarías de pescadores, Evaristo Lareo:” Levamos Tres petroleiros e xa cando foi o Mar Egeo reclamamos medidas que dez anos despois non se cumpriran. Chegou o Prestige e tampouco se puxeron. Imos no mesmo camiño”.Menos mal que contamos coa capacidade rexenerativa do mar. Foi un golpe demoledor, do que nós recuperamos, pero o peor de todo é que seguimos prácticamente igual de desprotexidos. E os nosos gobernantes non deben esquencer esta realidade.