Xosé Manuel Lema escribía estos días no xornal que dirixe, El Periódico de Bergantiños, un artigo de opinión sobre a situación política de Santa Comba. Aínda que o xornal está distribuido por multitude de establecementos, consideramos oportuno reproducilo nesta web, na sección de Opinión que Lema ten en anosacosta.com. Logo da aportación de Santiago Pazos, agora chega a de Xosé Manuel Lema.

 

Para rematar o ano con dúas visións distintas.

A CARAMBOLA DE UCHA VELO

Por Xosé Manuel Lema

Confésolles sinceiramente que se tivera un pouco máis de tempo, e non andivera obsesionado en rematar un libro que comenzei a escribir xa fai un feixe de meses, e que agardo vexa a luz en 2.008, escribiría unha historia ambientada no que está sucedendo en Santa Comba nos últimos meses. O guión é digno de calqueira película de actualidade, con pasaxes cómicos, pasaxes tráxicos, e tamén momentos de intensa acción. Esta é simplemente a miña visión personal da situación, e cómo xa levamos varias décadas de democracia, non debe de molestar a ninguén que utilice o meu dereito a libre opinión. A pesares de que de cando en vez hai quén non acepta a crítica, estas son as reglas do xogo.Sempre tiven claro que José Antonio Ucha chegaría ó final na súa aposta. E así foi. Os seus resultados non foron excelentes para o PSOE, dous concelleiros e un par de centos menos de votos. Aquela noite electoral na que se derrumbou unha parte da fortaleza do Partido Popular xalleiro, naquela madrugada de sensacións diversas, comenzábase a debuxar un novo panorama político. O PP fora o agrio vencedor e perdera a maioría absoluta e as demáis forzas que mantiveran a bandeira do cambio de “todos contra Pepe Toja”, alimentaban aquela madrugada, a fórmula do tripartito. Despois do dictame final das autoridades en cuestión, o verde tapete do billar político xalleiro sumaba oito bolas con forma de gaivota azul e nove bolas diferentes.Miguel tiña 4, Eugenio Pichel tiña 3 e José Antonio Ucha tiña 2.Percibíase un goberno tripartito e as negociacións foron nese camiño. Houbo xente do entorno de determinadas forzas políticas que me aseguraba que Ucha ía de farol, e que finalmente estaría disposto a apoiar a outro candidato. Cando en Punto Radio me dixo que ou sería alcalde Toja ou ben él, eu vín nos seus ollos que seguiría ata o final. Poderiamos discutir os métodos, as expresións ou os detalles da proposta de Ucha, pero hai que recoñecer que non lle faltou valor.Era difícil que aquela carambola poidera sairlle a Ucha Velo; pero a vida está chea de riscos. E amarrouse o seu timón e soportou a inmensa tormenta. E no histórico pleno de investidura a xogada mestra collía forma e nove boliñas de distintos colores entraron no territorio da súa gloria. Santa Coma tiña alcalde socialista. Por distintas circunstancias, era un dato irrefutable, o candidato do PSOE, era investido coma rexedor municipal. E moitos xogadores profesionais houberan querido conseguir aquela carambola.

Finalmente só se quedou con catro bolas, dous independentes que entraron no goberno, e abriuse un clima enrarecido na vida municipal. Chegou o Plan de Obras e Servizos, e había quén voltaba a ver a Ucha acorralado e indefenso, pero despois dun pleno multitudinario no Multiusos, e doutro pleno a poucas horas de que pecharan as dependencias da Deputación para entregar os proxectos; para ben ou para mal, Ucha voltou a camiñar sobre o fío da navalla, e Santa Comba non perdiu o P.O.S., pero o P.O.S. feito polo seu equipo e non o plan plantexado por 8 edís do PP e dous indepentes. Ucha voltaba a sumar apoios para sacar adiante a súa propia iniciativa.A sombra dunha moción de censura é tan longa que as veces vemos entre a néboa xalleira, o remate do breve ciclo de Ucha Velo como alcalde. A vella señora da gadaña política paséase por Santa Catalina e ronda as portas do concello. Se esta moción se executa, Santa Comba vai a ocupar aínda varias portadas de informativos radiofónicos e dos xornais. Porque Ucha, mentras agarda entre os seus muros numantinos a gran embestida, sabe que xa ten algo gañado, a popularidade acadada nalgúns sectores e  seguramente a posibilidade de que o seu partido xa teña uns centos de votos, polo menos, fidelizados de cara as próximas eleccións. E disto que non se engane ninguén. Cun mínimo interese o goberno de Santa Comba é nestes intres unha máquina de  sumar votos; neste caso para os actuais mandatarios.Polo tanto, con aspectos positivos e tamén negativos na súa curta xestión, dominou  decentemente o marketing político e foi vendendo o seu producto. E iso que sobre o tapete, tamén pulula un experto e veterano xogador coma José Toja Parajó. E non esquenzamos que  Miguel Pérez e Eugenio Pichel tamén saben perfectamente as características do complexo xogo, e son partes importantes neste puzzle. De momento, coas espadas en alto, e cun horizonte que o desprazará previsiblemente do seu trono, José Antonio Ucha Velo sabe que ata que o momento chegue, irá sumando bonus, e despois de todo o visto, e se a alternativa non pisa firme, sempre lle quedará un coello na manga ou cecais unha estridente sesión de lumes artificiais. Porque no billar da política as carambolas tamén contan. Prestemos atención e que gañe o mellor para Santa Comba.