Texto do comentario radiofónico de Xosé Manuel Lema, hoxe en Protagonistas. 

 José Toja Parajó dimitiu. A súa decisión foi presentada e aceptada onte polo secretario provincial do Partido Popular, Carlos Negreira Souto, e hoxe presentada tamén a súa renuncia coma concelleiro no rexistro municipal do concello. Estivo Dazaseis anos coma alcalde. Presentábase no 1.991 de gañaba as eleccións por maioría absoluta tendo coma rival naquel entón o todopoderoso José Manuel Arufe Rieiro. Toja, que xa era militante de Alianza Popular entrou en política da mán do vello combatiente José Manuel Romay Beccaría, que puxo toda a carne no asador para que Toja fora alcalde.

         

Os medios de comunicación contan hoxe  a noticia: O portal anosacosta.com dinos que Toja Demite e facilita unha alternativa. El Correo Gallego explica Toja dimite y cree que Santa Comba necesita otro alcalde. La Voz de Galicia titula así: ” José Toja dimite como edil y allana el camino a una moción contra Ucha”. El Independiente Miguel Pérez puede gobernar con el apoyo del PP. Hoxe en Protagonistas; Hoxe en Punto Radio non imos a ofrecer un titular, non ofrecemos un titular porque lamento profundamente que non se puxeran en contacto coa nosa redacción, onte , no mesmo día no que outros medios souberon a noticia.
A renuncia  de Toja Parajó deixa unha porta aberta a unha posible coalición de goberno entre os Independentes  de Miguel Pérez e o Partido Popular. O sustituto natural de Toja no grupo municipal, sería en principio, desde o meu punto de vista, o avogado Jacobo Amarelle Barreiro. Nos últimos meses, o PP e o propio Toja mantivo contactos coa intención de buscar unha alternativa, pero era evidente que ningún concelleiro da corporación pactaría co PP, mentres estivera Toja. E pasou o tempo e Toja decide tira-la toalla e renunciar a súa acta de edil. Iso pode supor un impulso a presentación dunha moción de censura contra o alcalde socialista, José Antonio Ucha. Pero agora basta saber a decisión que tomará a número dous popular, María José Ares Casal, xa que os Independentes tamén a consideraban un escollo para o posible pacto. De tódolos xeitos sete votos populares serían suficientes sumados a outros dous. A posibilidade que cobra mais forza e que o próximo alcalde de Santa Comba poida ser o independente Miguel Pérez Fernández. Se fai uns meses un partido que tiña catro concelleiros(IxSC) e outro que tiña tres(TEGA) votaron a favor dun candidato que só tiña duas actas(PSOE), agora podería repetirse a maniobra , Oito concelleiros do PP poden poñer de alcalde a Miguel Pérez, que só ten dúas actas. Tamén pode dase a circunstancia de que non pase absolutamente nada, o que podería ser un duro puntillazo para un PP sen liderazgo.

O Partido Popular  de Santa Comba afronta a sucesión de Toja con dúas probas de lume: a política municipal e a reestructuración dun partido demasiado marcado pola figura de Pepe Toja, pero sen estructura propia de Comité Local.
Por unha banda, a política municipal pasa pola búsqueda de entendemento cos independentes, principalmente, pero no centro dereita xalleira iniciouse outra guerra, porque a palabra de Toja aínda influirá un pouco. Novos valores políticos que buscan sitio, o núcleo duro que acompañou a Toja que agora se sente liberado de compromisos e con máis cancha, e tamén, estamos detectando movementos de vellas personas que foron apartándose don camiño do PP de Toja Parajó e que agora queren engancharse, coa fuxida do político de Vilarnovo de Freixeiro. E ademáis, non  descoiden a posibilidade de que o propio Miguel Pérez Fernández fora designado nun proceso de asimilación, coma líder dos populares. Toja dimitiu,  e ábrese un novo abanico de posibilidades. Estánse escrbindo novos capítulos para a política xalleira e tamén para a historia política de Santa Comba.