EU TAMÉN SUFRO POR UROK

0
551

Publicamos un comentario de Xosé Manuel Lema, referido a agresión sufrida, o pasado domingo, por un cabalo que reside nas cuadras do Centro Ecuestre en Santa Comba.

Urok miraba cos seus ollos vidrosos cara as xentes que non podían descifrar tódalas interrogantes que se plantexaban diante da súa dor. Unha dor froito dun acto incomprensible, desagradable e que a calqueira  persona ben nacida lle produce un desapego emocional tremendo.Un coitelo, un cúter ou un bisturí, o que fora, cravado con saña na pel dun cabalo. Un feito salvaxe, propio de caníbales e desalmados. Propios de personas que en vez de sangue, teñen nas súas veas puro veleno. Quen é capaz de apuñalar a un cabalo, é capaz de facer calqueira cousa mala.

Os nenos e mozos do Centro Ecuestre do Xallas, miraban indefensos para o equino, recén chegado as Terras do Xallas. Quen feriu a Urok, acoitelou o corazón de varias personas, e doulle un golpe forte a historia dun pobo traballador, pacífico e tranquilo. Non entendo como se pode provocar tal sufrimento. Seguro que haberá en moitos sitios máis capítulos desagradables coma este, e por iso quero simbolizar neste cabalo cruelmente agredido, a existencia de xentes inconscientes e insanas. E máis neste país, onde padecemos xa moitas liortas e mortes o longo da historia. Preocúpame que o odio aflore, sexa como sexa. Unha flor de veleno fai menos dano nun campo cuberto de flores honestas e pacíficas. Pero a violencia é a violencia. Nin máis nin menos.

E quero simplemente, achegar desde aquí unha mensaxe de ánimo as persoas que pasaron horas amargas pola agresión a este animal. E simplemente, desexar con tódalas forzas da miña alma, que nunca máis teña que escribir un comentario destas características. E gustaríame enormemente, que algún día poidéramos saber os nomes e apelidos do autor desta triste noticia.

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí