FALEMOS DA I.T.V.

Por o 9 mayo, 2008

Image

Como me gusta escribir sobre os temas de actualidade que vou seguindo no meu programa de radio,  con nomes e apelidos sen escudarme no anonimato nin en ningún nick, cuestión que entendo sempre que non se falte o respeto nin a verdade, pois hoxe apetéceme opinar sobre a I.T.V., ou mellor dito, sobre esta reivindicación  que manteñen varios concellos na zona. A proposta inicial de Zas, foi secundada por Vimianzo e máis tarde por Santa Comba. Diso quero falarvos. É tamén me gustaria coñecer a vosa opinión.

 Xosé Manuel Lema

                                   O ACERTO DE MUIÑO E A ITV 

 

E aínda que hai un curioso silencio ó respecto. E aínda que parece que os aspirantes, refírome a Zas, Vimianzo e Santa Comba manteñen a bandeira da  prudencia, estamos pendientes da decisión “oficial” da Xunta de Galicia sobre a ubicación dun centro permanente da Inspección técnica de vehículos. E humildemente penso que este clima beneficia a candidatura de Baio. Sen entrar a valorar os dossieres técnicos de cada concello, o concello de Zas foi o primeiro en postularse e ten mellor conexión co Consellería de Innovación e Industria. Non é por nada, e o mellor non ten nada que ver pero o Conselleiro Fernando Blanco e o alcalde de Zas, Manuel Muiño, son do Bloque.

De tódolos xeitos, ou moito están traballando por detrás do telón, ou parece que Santa Comba e Vimianzo deron a batalla por perdida. Coma se conseguir unha mellora tan importante, consistira simplemente nunha entrevista, nunha nota de prensa e nunha petición plenaria. As veces un grupo de veciños para poder ter un contenedor de lixo, unha farola, ou que asfalten un camiño, teñen pouco menos que facer unha concentración ou unha recollida de firmas.

Os grupos municipais do Partido Popular, primeiro en Vimianzo e despois en Santa Comba sacaron adiante propostas para demandar unha ITV, recabando o apoio doutras forzas políticas. Zas xa presentara a súa candidatura, respaldada polo sector do automóvil local. Na Terra de Xallas, a asociación de empresarios tamén moveu ficha no seu momento. E agora todos agardando a que a Consellería de Industria diga coma nos Oscars, The Winner is…. Personalmente se eu pensara que o meu concello era o que tiña as mellores condicións técnicas, eu non estaría agardando tan tranquilo. Iso sí, se fora o alcalde de Zas, sí que estaría cómodamente esperando noticias. Se os que veñen detrás non apretan eu que teño ventaxa para que me vou queimar. Así de claro. E Muiño Espasandín está acertando.

 

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login