«Eu non quero a celulosa na Costa da Morte»

0
589

Image"Eu non quero a Celulosa na Costa da Morte" é o artigo que hoxe escribe un dos responsables desta páxina, Xosé Manuel Lema na súa sección, e que fala da idea xurdida desde a presidencia de Neria, que estaría a favor que se ubicara unha celulosa na Costa da Morte, e que xa encontrou bastantes posturas encontradas, aínda que supoñemos que tamén terá xente a favor. Anosacosta.es convídavos a que fagades o voso comentario ó respecto, sobre se seríades partidarios da instalación dunha factoria tipo Ence na zona.

"Eu Non quero a Celulosa na Costa da Morte"

En tempos nos que a Xunta de Galicia, o traverso da Consellería de Pesca, está a piques de aprobar un Plan Acuícola que encontrou unha forte oposición en zonas coma Merexo, Quilmas, Barizo ou Camelle, e cando os escolares están dando as últimas puntadas ó seu ano académico, chéganos o agasallo de fin de curso por boca do Presidente de Neria e alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade. A marxe de que chega curiosamente nun momento moi preciso e no que estamos involucrados no debate das granxas e dos peixes, nos propoñen unha Celulosa na Costa da Morte.

 

A grande pregunta que me fago é se don Ramón Vigo fala por voz propia, ou se ese é o sentir da Asociación Neria. Se é unha impresión personal pois que a respeto profundamente, aínda que non podo estar máis que en absoluto e radical desacordo. Creo que a excusa do progreso non pode ser unha cortina de fume, para carbonizar os pulmóns da Costa da Morte, que non podemos cambiar un modelo que da resultados noutros puntos de mundo, a cambio de coller o que non queren noutros lugares.

 

Agora ben, se esta petición do "traslado" de Ence é unha idea da asociación Neria. Isto sí que me preocupa moito. Que a entidade que tamén tivo fondos europeos para impulsar o noso turismo sexa partidaria das Celulosas, pois realmente que me asusta, e me fai plantexar varias preguntas sobre por quén estamos representados. Prefiro pensar que foi unha simple elocuencia do Sr. Vigo e punto e final.Hai que respetar as diferentes posicións. Pero estes debates deben de servir de mensaxe as administracións provinciais, autonómicas e estatais. Cando xurden estas ofertas envelenadas é porque a Costa da Morte segue padecendo moitas necesidades que non se resolven, entre elas a falta de emprego.

E polo tanto, necesitamos axuda dos nosos gobernantes. Para non ter que vendernos a estas propostas tan nocivas , froito da nosa propia desesperación.

. .

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí