Image
Estos días sae un novo número de "El Periódico de Bergantiños, Xallas e Costa da Morte". E ofrecemos a sección de opinión "En la Diana" de Xosé Manuel Lema, que analiza diversos aspectos da actualidade social e política, e neste caso facendo especial mención a necesidade dunha visión comarcal da zona.

"Así vós tratará a historia"

Estou a piques de desfrutar das miñas vacacións e por iso tiña previsto que as bolas de goma que lanzo cada mes nesta diana (malia que hai quen dí que son auténticos dardos) se virán afectadas polas raiolas de sol e polo lento musicar dunha tumbona a pé de praia. Vaia, que isto fora un artigo Light, e despois en setembro comenzaríamos con forza. Pero non poder ser. E non porque non fora a miña intención, senón porque o panorama político está acomodado. Os políticos da Costa da Morte son uns privilexiados, xa que os medios de comunicación que xiran ó redor, son bastante benevolentes. Pero non se enganen, iso non é culpa do "plumilla" que se mata a facer crónicas. E cousa dos que dirixen o timón e poden en realidade facer presión social. Un Presidente de Neria, unha entidade que levou xestión en materia turística, dí que lle gustaría montar unha celulosa na zona, e tal exabrupto pasaría con total tranquilidade de non ser por catro que puxemos o grito no ceo. Aínda non dou asimilado que nos vaian adornar de cemento unha grande parte da costa cun dano irreversible e con cuño oficial, para que me veñan agora con estas historias. Divide e vencerás.

Agora estamos falando de fondos europeos. Non son os primeiros que veñen pero agardo solemnemente que sexan mellor sembrados cos anteriores. A cousa tiña , e de momento aínda ten, mellor pinta. Un G.D.R., sumando voces e con especial protagonismo da sociedade civil. Evidentemente sen esquencer as personas que teñen o aval dos votos. Pero resulta que todo isto me fai sembrar as xornadas previas as eleccións en Neria. A clase política comenza a súa campaña particular. O obxetivo non é que a sociedade civil teña un papel representativo. En absoluto. A cuestión está en mover os peóns políticos que hai nas entidades veciñais, culturais, etc…, e que esa sociedade civil teña unha voz máis do PP, do PSOE, do BNG, ou dos que andan por libre e así están máis libres. A misión é conseguir para o interese partidista canta máis forza mellor.E despois nas post-negociacións cadaquén ensinará músculo. Os políticos da Costa da Morte, nun noventa por cento, están demostrando que viven supeditados as ordes partidarias ou a determinados intereses. Hai que gañar a batalla, ainda que sexa mediante pactos increíbles. Despois nas eleccións fálase de pactos antinaturais e de escrúpulos. Pois todo isto e máis antinatural que o cemento que queren ceibar en Merexo ou Camelle. E non me falen de esquerdas nin de dereitas.A visión comarcal de Costa da Morte é unha utopía, en termos xeralizados, e algún día fará falla que alguén menee un pouco esa árbore inmovilista que está sendo o tecido político na zona.

Image

Ogallá que se esperte unha conciencia comarcal, de consensos e proxectos, de ánimo de servizo ó pobo e non só de demagoxia, e de servilismo. Se o meu partido goberna na Xunta de Galicia, estou disposto a tragar sapos e carretas e convertirme en mudito. Pero sí o meu partido é oposición, pois líome a manta a cabeza e veña protestar. Necesitamos líderes comarcais obxetivos e moderados.

Pero as nosas pegadas quedan, e os nosos políticos, xa con nomes e apelidos quedarán nas hemerotecas e na memoria colectiva. E cecais será a historia que os clasifique, e os nosos herdeiros os que teñan que xulgarnos por tal e como deixamos está comarca, e por como defendemos os nosos dereitos e sobre os plantexamentos que fixemos. A non ser que nos resignemos a seguir coa cruz do victimismo nas nosas costas e falando de débedas históricas e marxinación. As cousas mal feitas están para cambialas, Incluidos ós nosos políticos.