«A solución política está nos matices».

0
569

Image

Ofrecemos un artigo de opinión e análise política de Xosé Manuel Lema sobre o actual debate dos orzamentos da Xunta de Galicia e as distintas posturas existentes. Aquí en anosacosta.com.

" A solución política está nos matices"

Cada vez que chega o debate orzamentario os diferentes representantes políticos aportan a súa visión sobre o malas ou boas que son as contas para a Costa da Morte. Uns observan o vaso rebosante e outros totalmente baleiro. Aquí uns empéñanse en ver as cousas cun prisma totalmente negro ou totalmente branco. Non hai medias tintas. A proximidade das eleccións autonómicas e a situación de indefinición política cunha paisaxe electoral moi aberta,provocan que os partidos se extremicen e se aferren os seus posicionamentos. Ou nunha beira do río ou na outra. E isto tamén afecta os medios de comunicación alimentados polo poder ou ós descontentos con este. A esquerda comenza a botar foguetes porque vivimos no mellor dos mundos posibles, non hai ningunha responsabilidade na crise e estamos nun país novo logo destos anos de experiencia bipartita. E pola marxe dereita, definición que aínda avergoña a moitos dos seus practicantes, todo o pasado foi mellor e os actuais gobernantes fan todo o revés.  Din que estamos nun túnel sen saída cando na época de don Manuel Fraga a nosa zona era un paradiso.

A única cousa que cada vez teño máis clara e defenderei con máis consistencia , desde as miñas humildes tribunas de opinión, é que será fundamental limitar a duración dos cargos, fomentar a alternancia e que o poder xudicial estea máis vixiante antes os despilfarros e actuacións pouco éticas de moitos dos nosos políticos. Tal e como temos unha parella de axentes da Garda Civil de Tráfico e radares por moitos puntos das estradas, que haxa xuices pendentes da correcta xestión dos caudais públicos e da austeridade. Que os grandes luxos motorizados e os fastos, se paguen do peto de cada un e non do fondo común de todos. Con respecto as contas, o PSOE afirma que son os mellores números da historia para a nosa zona. Onde habia apenas nada con poñer un pouco xa batimos un récord. Desde o meu punto de vista nunca fomos especialmente privilegiados nin antes non ahora, e é cuestión de matices, un millón de euros arriba un abaixo. Pero xa lles digo,para os socialistas nunca estivemos mellor. E o socio de goberno tamén asinte. O Bloque nos últimos anos na Costa da Morte defendía as contas aínda que sempre poñía reparos. Esta vez, satisfacción sen o carácter festivo do PSOE, pero contentos porque son cifras axeitadas. E os populares, que as veces semellan un partido que nunca gobernou en Galicia, falan da gran estafa coa bisbarra.

Nin agora nin antes dagora, temos motivos obxetivos para adorar a nosa clase política nin facerlles homenaxes, polos favores recibidos.E como as diferencias orzamentarias son coma un encontro de boxeo que se dirime ós puntos, podemos chegar a conclusión que tanto uns coma outros pecan de esaxerados e que seguimos con grandes carencias históricas que seguen ahí.E como estamos a evaluar o presente, insisto outra vez, que quedan grandes cuestións e necesidades por realizar e importantes promesas por cumprir. Que nin estábamos ricos nin agora nós estamos facendo millonarios. Que segue o pailanismo cultural infectando a televisión pública que pagamos todos, e os medios públicos a pecar de partidismo e parcialidade. Por facer algunha reflexión.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí