Image
Publicamos hoxe un novo comentario de opinión. O que escribe Xosé Manuel Lema coma Director de El Periódico de Bergantiños, Xallas, e Costa da Morte, e cuio especial de Nadal acaba de sair a rúa.

" A Costa da Morte que encolle e medra" 

A pesares de que algúns medios de comunicación se sorprendan e fagan redobrar os seus tambores, nin  Marisol Soneira descubriu a pólvora nin  Ramón Vigo Sambade sentou cátedra co seu discurso diante da Ministra Espinosa, visita na que sinceiramente botei de menos que alguén lles trasmitira a dona Elena Espinosa a situación do sector gandeiro, ou o problema acuícola. E certo que as veces o gobernantes están lonxe do pobo, pero non é menos certo que en moitas ocasións é o  pobo o que se agocha cando aparece un coche oficial.  E aquí houbo quen perdiu unha oportunidade. Pero volvendo o inicio, facía eu referencia a deputada socialista Marisol Soneira e a Vigo Sambade. A política camariñana facía unha reflexión, coa que podemos estar ou non dacordo, que se pode considerar fora de momento incluso, pero ó fin e o cabo e unha opinión, que contribúe ó debate. E é importante. Porque estou convencido de que hai políticos na zona que carecen de opinión sobre este asunto. A Costa da Morte desde  as Illas Sisargas a Monte Louro.

Image 

Esa é a definición de Soneira, que é compartida Xan García Pouso, secretario  da asociación supracomarcal Neria. Por certo, unha entidade como Neria que afirma lóxicamente que é unha entidade da Costa da Morte, e que inclúe a Mazaricos e paradóxicamente abre os brazos o concello de Santa Comba. O grande problema non é a definición desta comarca espiritual como diría Manuel Rivas.Non é que non se poida facer unha definición. Claro que se pode, pero segue sendo un término que non se reflexa nos mapas nin na comarcalización de Galicia. Primeiro foi unha cruz negra que nos puxeron  sobre determinados pobos mariñeiros e actualmente é unha oportunidade de negocio turístico e de sensibilización para os que manexan a caixa rexistradora dos cartos. Pero teñen que empezar por aclararse os partidos políticos, e despois podemos iniciar o debate social. Mentras haxa un PSOE da Costa Atlántica, un PP da Costa da Morte que abarca os concellos do partido xudicial de Corcubión e que deixa a un lado os de Bergantiños, e un Bloque que ten prácticamente a mesma estructura, pois o resultado da operación é incerto. Os dirixentes do PP pensan que se fala disto para non falar da crise, do paro e doutros problemas.

Image

Personalmente non me molesta este debate. Se nalgo coincido co Presidente de Neria,o Sr.Vigo, e co que ven de comentarme no programa radiofónico que dirixo, e que eu veño mantendo desde fai tempo. O territorio da Costa da Morte é coma un chicle que cadaquén estira ou encolle sobre os seus intereses partidistas ou económicos. Pero claro, despois choca cos plantexamentos nerios de integrar a Mazaricos, invitar a Santa Comba e ata no seu día tender a man a Ponteceso e Coristanco. E si para colmo nin desde a Xunta de Galicia o teñen claro,pois comprenderán a brumosa paisaxe que temos diante nosa. O que sí veño mantendo e que si  hai que inclúe a Mazaricos ou a Coristanco no paquete, Santa Comba terá o mesmo dereito.Agora ben se poñemos criterios de zonas con costa ou outros condicionantes, pois xa estamos falando doutro tema distinto.  En resume, unha desas discusións nas que un acaba dicindo que é o  Real Madrid e ou outro do Barsa. Sen máis profundidade.