Image
O Goberno carballés tentou a xogada perfecta. Sen atacar a Consellería de Vivenda lanzou mensaxes continúas de conciliación cos veciños. E na oposición, aparte da vontade de cada un, Alberto Sueiro recibiu un espaldarazo a súa imaxe política. Evencio salvou os mobles, Andrade perdiu unha oportunidade e Viña Patiño foi o grande damnificado.

Anosacosta segue coa análise do pleno celebrado en Carballo. Esta é a segunda parte que completa o debate sobre a Agra da Lagoa. Esta fin de semana incluiremos a terceira parte centrada no outro asunto do día, as obras que se inclúen nos fondos do investimentos especiais do Estado.Agora toca a opinión de Xosé Manuel Lema, que asistiu en primeira primeira persona a esta sesión.

O Goberno aposta por mellores condicións no actual Plan de Táboas.

O goberno de Carballo non está disposto a poñerse fronte a Consellería de Vivenda. Uns dirán que por propio interese partidista e outros porque realmente creen no Plan Residencial do Solo. E no último pleno quedou demostrado. BNG e PSOE creen que os prezos son baixos, que hai que mellorar varios aspectos e que incluso entonaron o “Mea Culpa” por non trasmitir ben a información.  O partido para o bipartito era complexo, pero Evencio Ferrero amosou a súa incontestable habilidade política e os paus caeron doutro lado. Lois Lamas ofreceu un discurso conciliador, botou uns cables a conselleria nacionalista Táboas, pediu desculpas polos erros na información “pero non no convencemento”, e asegurou que nin se pretendía “realoxar a ninguén” nin tampouco “roubar”. Recibiu algún reproche e asumiu a parte máis controvertida do discurso do BNG.

Image           Image  

E como socio fiel non tivo prezo pero como estratega político o certo é que se equivocou desde a nosa perspectiva. José Antonio Viña Patiño foi víctima de interrupcións e receptor duns cantos piropos. Parecía que toda a culpa da problemática era súa ou do PSOE. Asumiu o rol de “pupas” e portou esa cruz durante toda a sesión plenaria. E Evencio Ferrero tivo todo máis doado. Coa xente máis calmada, con dous peóns sacrificados, e coas súas cualidades dialécticas superou a proba e non saiu demasiado queimado. Pode ser que non convencera os afectados pero tampouco disgustou a opinión pública.  Polo extraído dos discursos de Lamas, Viña e Ferrero, hai que ter claro que defenden a filosofía do Plan Residencial do Solo, que hai que aumentar os prezos, e que as futuras vivendas non serán un fervedoiro de colectivos marxinais.

A OPOSICIÓN APROVEITOU A CORRIENTE POSITIVA.

Image

Alberto Sueiro aproveitou unha excelente oportunidade de proxección e de acercamento os veciños, porque desde as propias filas populares nas últimas eleccións municipais, había voces que critican un certo distanciamento do pobo. Sexa como sexa este pleno foi rentable para a imaxe de Sueiro. Arrancou seis roldas de aplausos dos veciños, cun discurso directo e crítico pero sen ser incendiario nin quentar demasiado os ánimos. Cecais se perdeu en varios detalles e poido ser máis incisivo en cuestións de maior populismo, pero cumpríu un papel moi positivo para a súa persona e o seu partido. Tentou lanzar bastantes disparos contra a conselleira-candidata Teresa Táboas,  e contra o goberno municipal o que acusou de falta de transparencia, seguidismo partidista, e e de non defender os carballeses.

Image

Entre Ramón Varela Puñal e Alberto Sueiro Pastoriza devoraron case todo o discurso, que poderían ter  o veterano cazador Andrade. Os seus primeiros tiros foron as árbores anque a medida que seguiu ensaiando foi enderezando o complexo rumbo nun territorio xa conquistado pola nave de Sueiro. Andrade Cristóbal convertiuse en salvagarda do sector da construcción que considera enormemente afectado xunto cos propietarios, e mostrou un rexeitamento integral a todo o plan. Sementou a sospeita de que poida vir “xente non deseable” para Carballo, recriminou a Evencio Ferrero e Viña Patiño que non estableceran diálogo coa oposición, e tivo un par de momentos de pillería política. Manuel Andrade pedía por un lado a BNG e PSOE  que reflexionaran polo ben de Carballo e por outro anunciou que se poñería se facía falta diante “da pancarta”para defender os seus veciños. E lembrou os tempos nos que os nacionalistas se cegaron a atar dentro da Casa Consistorial.