Image
Nesta ocasión analizamos os primeiros meses de goberno e a necesidade de que se impulsen os investimentos pendientes na Costa da Morte. 

"Fomos utilizados como reclamo electoral”

Cando vostede lea isto, estaremos nos primeiros cen días do novo goberno galego que preside Alberto Núñez Feijóo do Partido Popular, e asentado nunha maioría absoluta otorgada polo pobo mediante consulta electoral. Pero seguramente moitos dos nosos lectores se sorprenderán da alta intensidade reivindicativa que se marcou a oposición do PSOE  e BNG neste primeiro treito. Aquí, non houbo os cen días de rigor habituais, esa especie de norma non escrita que se viña respetando. Desde as bancadas opositoras comenzaron a lanzar os seus dardos dun xeito implacable sobre a acción do novo goberno. E sen querer meterme no traballo dos estrategas dos distintos partidos, que supoño que saberán moito máis ca este humilde cronista de marketing político, creo que isto pode ter efectos positivos para o PP. Si, sí entendiu ben vostede, penso que unha acción tan potente coa froita da lexislatura política sen madurar pode desgastar máis a que predica desde o altofalante que a quen aguanta do timón. 

Image

 senón tempo ó tempo. O único beneficio que observo a prol de PSOE e BNG e que a pesares da importante victoria do PP na Costa da Morte, o centro-dereita segue a ter un problema de comunicación, semellante ó que xa percibira a nivel nacional o sr. Feijóo. Aínda tendo o empuxe da maquinaria do poder, e en vista as vindeiras eleccións municipais, se o PP non cambia de táctica, pode deixar de canalizar cara o seu mar unha importante bolsa de votos, de viveiros de votantes ós que non están chegando as mensaxes con magnetismo suficiente. Que non se pense que por recuperar a Xunta de Galicia todo é terra conquistada nin se fixo todo ben. Para gañar unhas eleccións desde a oposición, hai que  agardar primeiro que as perdan os que gobernan e aproveitar as súa feblezas.

Evidentemente, a Costa da Morte, as Terras de Xallas, Soneira, Bergantiños e Fisterra seguen cos mesmos problemas. E un problema que non se resolve, normalmente é un problema maior. Fai uns anos escribía un artigo sobre o tempo de esperanza e a expectativa do novo goberno de Emilio Pérez Touriño. Hoxe volvo a reflexionar sobre o mesmo, e doume de conta que aquelas cuestións que se plantexaban seguen en stand-by ou evolucionaron a ritmo de tartaruga. O peirao de Brens, a autovía Carballo- Berdoias, a estrada de Santa Comba a Compostela e a de Coristanco, a peaxe na AG-55, os polígonos industriais, o Parador de Turismo de Muxía, etc… Os asuntos preferentes seguen enriba da mesa e continuamos agardando a que se solucionen. Xa que percibo que é imposible este gran pacto comarcal que vin demandando desde estas páxinas,  e ante a visible carencia de grandes líderes carismáticos na zona, polo menos debo pedirlle o goberno do Partido Popular que cumpra coas súas promesas, para cumprindo o seu proxecto, aumentando o noso progreso e de paso saldando a débeda pendente que existe desde tempos atrás coa Costa da Morte.

Image

Que está ben que nos aporten luz sobre posibles puntos escuros do anterior goberno, pero sobre todo os novos mandatarios teñen que gobernar, aportar feitos visibles, e conseguir que dentro de catro anos poidamos facer unha valoración a pé de obra, con investimentos palpables e non previsións, con servizos que se poidan disfrutar e non folletos de papel caro e planos de gabinetes técnicos. Podemos agardar cen días, ou incluso algunha semana máis, pero hai que partir da base que somos unha comarca deprimida, que sufre anemia económica, e que foi utilizada na anterior lexislatura e tamén na pasada campaña electoral, como reclamo publicitario de tódolos partidos. Sen haber feito moita cousa por nós e aínda por riba servimos de plataforma  de marketing e estivemos na boca dos candidatos, supoño que teremos un plus engadido.