Cúmprense 7 anos da catástrofe do Prestige e a Costa da Morte segue agardando que se tomen as medidas oportunas para contar cunha protección da que seguimos carecendo.


“Un bolero que se repite”  por Xosé Manuel Lema

“Pasarán más de mil años, muchos más…..” dí o fermoso bolero. Na Costa da Morte xa pasaron sete anos do Prestige e poucas cousas cambiaron no tocante a protección das nosas costas. O chamado corredor marítimo de Fisterra segue sendo unha autopista perigosa sen orde nin control suficiente, por se algún buque contaminante se sae da vía e choca contra as nosas paredes costeiras. Máis de 400.000 embarcacións, sobre 12.000 de mercadorías perigosas pasan cada ano por esta zona.

Se volve un Prestige con outro nome, non estaremos blindados ante o seu negro fuel ou calqueira outra das sustancias que poden portar. A sociedade civil sí estará un pouco máis preparada para este tipo de imprevistos.
Pero antes do Prestige houbo outros, coma o Casón ou o Mar Exeo. Non o esquezamos xa que ningún foi un gran exemplo de boa xestión gubernamental.

Desde o último caso, Houbo pequenos avances pero estamos lonxe. Aínda segue activo o cuestionado protocolo de actuación do ano 2001,  e no Goberno de España seguen elaborando desde 2005 o Sistema Nacional de Resposta. Xa antes houbera traballos previos neste sentido. Pero a burocracia é lenta e máis aínda cando os políticos non a moven debidamente. E seguimos co pleito internacional polo accidente, e xa sería o colmo que lle tocara pagar o noso estado.

Desde Galicia segue habendo voces que piden que se aceleren medidas porque en calqueira momento pode hacer outro accidente, parece que Madrid segue quedando demasiado lonxe.