Image

Se ben é certo que aquí as cousas sempre chegan máis tarde, non teño medo a equivocarme cando digo que as eleccións municipais de 2011 serán as primeiras, onde internet terá moito que dicir.

As últimas eleccións a presidencia dos Estados Unidos demostraron que internet xa é unha ferramenta imprescindible para calqueira candidato ou partido político. Na cita gañada por Obama un 37% da población adulta recurriu a rede para seguir a campaña política, as visitas as diarios dixitais subiu un 29% e  segundo un estudo de Pew Research, incluso un 18% dos votantes tiveron en internet a súa principal fonte de información. E falamos dun importante corpo electoral.

Como a maioría das modas e dos avances a nós chegánnos máis tarde, pero chegan e xa pasaron uns anos da victoria de Obama fronte a McCain. Nas eleccións xerais españolas a aposta dos partidos foi potentísima, aínda que desde o meu punto de vista houbo máis intención que rendabilidade, e os partidos gastaron moitos cartos en tecnoloxías avanzadas e custosas, pero esquenceron o fundamental: a mensaxe e os canles para chegar o lector.
"Internet es una herramienta que permite ganar elecciones". Son palabras de Rafael Rubio, profesor da Universidade Complutense e especialista en novas tecnoloxías. Nos contenda entre Zapatero e Rajoy e na que rematou coa victoria en Galicia de Alberto Núñez Feijóo quedou claro que a rede xa é imprescindible e un alto índice de personas buscan a información nestes cibermundos.

Podería poñer unha morea de exemplos, pero váleme a experiencia propia. Nas Eleccións Autonómicas, a audiencia de Anosacosta.com e Anosagalicia.es disparouse sorprendentemente, e iso que a primeira web é comarcal e a segunda apenas tiña uns meses de vida. É evidente a repercusión de Facebook, Tuenti, Youtube xa na zona, e xa é habitual que a xente acuda a internet  e , por exemplo, entre as súas visitas diarias entre en Anosacosta ou nalgúnha web que conteña noticias do seu concello.

Este interese polas cousas que pasan preto, o boom das novas tecnoloxías en todo mundo e do que nós non somos alleos, e a cita que os votantes temos no 2011 para elixir as nosas corporación locais, indican que estas serán as eleccións de internet, as primeiras onde as redes sociais e os medio dixitais terán moito que dicir.