DSC_0542

Artículo de opinión de Xosé Manuel Lema sobre a problemática vimiancesa

 

 

 

Creo que Marcial Mouzo xa é o candidato do Partido Socialista en Vimianzo. Aínda que hai que gardar as composturas e seguir o procedemento, este favorece o xornalista que aspirar a sustituir na alcaldía o veterano Alejandro Rodríguez.

 

 

 

Primeiro. Porque o aparato oficial do partido está con él e porque foi desde a cúpula, desde onde lle pediron que dera o salto a política local.

 

Segundo. Porque non haberá primarias e o órgano que decidirá será a dirección autonómica. Marcial ten o tempo ó seu favor. Ata marzo para incorporar nova xente o partido e agardar o momento non que sexa nomeado co beneplácito dos mandatarios do PSdG e rodeado dun equipo de novos militantes e outros veteranos. O mapa dunha maioría de afiliados en contra da súa candidatura que existe na actualidade mudará a ben seguro.

 

 

 

¿Os actuais membros do PSOE liderados por José Antonio Miñones esperarán ata marzo a escoitar a decisión do partido?.

 

Se se marchan antes para artellar unha candidatura independente xa lle servirán a excusa en bandexa ós dirixentes autonómicos. Se esperan a que lle confirmen que Marcial Mouzo será o candidato, poderían quedar fóra de xogo. Tamén cabe a posibilidade de que realicen un dobre xogo ata o final.

 

 

 

Sexa como sexa, o curso político será moi entetido en Vimianzo, pero (aínda que sempre pode haber sorpresas) os interrogantes están despexados, e o que fora “rei das madrugadas radiofónicas de Galicia”, terá un novo encargado, o de convencer os vimianceses de que pode ser un bó alcalde.

 

A mín xa me quedou moi clariño.Os que mandan queren a Marcial, Marcial acepta o reto… Blanco e en botella.

 

 

 

Segue a Xosé Manuel Lema no seu blog www.cartafoldeneboas.blogspot.com , en twitter (www.twitter.com/xmlema) ou en www.anosagalicia.es