CONEXIÓN COSTA DA MORTE

Por o 27 octubre, 2010

lemalibro3

Sobre a Costa da Morte, Santa Comba e os empresarios.

Xosé Manuel Lema

 

Acabo de enterarme de que a Xuntanza Empresarial da Costa da Morte se vai a celebrar este ano en Santa Comba. Precisamente uns meses antes de que cumpramos dez anos co proxecto de Radio Líder (e as diferentes marcas que tivemos) na capital do Xallas. Tanto neste medio, coma nos cinco anos que levamos con Anosacosta.com, sempre vimos defendendo a necesidade de que Santa Comba como encrucillada territorial, cultural e económica comparta criterios de acción e obxetivos coa chamada Costa da Morte.

 

Recibín algunhas críticas por desenvolver unha liña informativa basada nos nexos comúns destas comarcas. Pero manteño a idea. Se buscamos un concepto estricto da Costa da Morte, varios municipios que están dentro do seu paraugas, quedarían fora e polo tanto non hai razóns máis de peso para incluir por exemplo Mazaricos e non Santa Comba.

 

A postura da Asociación de Empresarios local tamén foi sempre esa. Tanto baixo a presidencia de Antonio Landeira como agora con Óliver Silvariño.Esta entidade ten as cousas claras. E que se celebre aquí o evento da Fecom é unha boa noticia para os que defendemos ese camiño común do Xallas con Soneira, Fisterra e Bergantiños.

 

Unha vez máis unha parte da sociedade civil, vai por diante da clase política.Lamento que a nivel xeral, desde PP, PSOE e BNG non se note un compromiso claro nese sendeiro. Poderán mudar e ogallá o fagan pero ata o de agora non houbo un compromiso firme con esta unión. Que se incluira naquel chamado Pacto de Emprego ou noutros plans son datos interesantes pero insuficientes.

 

Tampouco a maioría dos medios de comunicación están pola laboura. Sobra con ver como teñen estructuradas territorialmente as sús edicións e no caso das emisoras de radio a excasa cobertura que lle dan ó concello de Pepe de Xan Baña e das torres de Randufe.

 

De tódolos xeitos o acto do vindeiro 29 de novembro, servirá, aínda que sexa mentres dure a cea, para creer que Santa Comba está máis preto da Costa da Morte.Algúns seguiremos loitando porque estea integrada, coa cabeza alta e con moitas cousas que aportan, nunha bisbarra onde estamos repletos de siglas e verbas e somos deficitarios en feitos.

 

 

 

xmlema@anosacosta.com

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login